A puntuación

Icona iDevice O punto

O punto pode empregarse nas seguintes situacións:

Como punto e seguido, para separar oracións que teñen certa relación no tema.

Como punto e aparte, para separar parágrafos que tratan temas diferentes dentro dun texto.

Como punto e final, para indicar o remate dun escrito.

Ao final das abreviaturas.

Na fracción das horas: as 13.50 h.

 


Icona iDevice A coma

Emprégase

Nos enderezos, para separar o nome da rúa do número e o piso: Rúa Brañas, nº 5, 7º.

Nas relacións alfabéticas por apelidos:Méndez Barro, Iago.

Para separar palabras nunha serie ou enumeración:

Amaba a paisaxe, as súas cores, a luz, a brisa.

Fomos Anxo, Raúl e mais eu.

Para separar oracións curtas nunha enumeración de accións: Púxose de pé, mirou á dereita, mirou á esquerda, acenoulle a un taxi e subiu nel.

En aposicións: “Dáme, Señor, paciencia”

Para intercalar aclaracións:

Esta mañá, na escola, escoitabamos o ruxir dos alustros.

Antes e despois dos nomes de persoa aos que nos diriximos: Inés, vai de gana buscarme a tesoira.


Icona iDevice A coma nas oracións compostas

Habitualmente, nas oracións compostas (as que teñen dous ou máis verbos en forma persoal) a coma emprégase:

Nalgunhas oracións compostas por coordinación:

Disxuntivas: “ora ri, ora chora”. (Pero: “ou ri ou chora”).

Distributivas:- Uns veñen, outros van.

Adversativas (Era pobre, pero honrado; Non me prestan os grelos; así e todo teño que comelos).

Explicativas: Direicho, xa que mo preguntas.

Nas oracións compostas subordinadas adverbiais:

Condicionais (para separar a prótase da apódose nas oracións subordinadas adverbiais condicionais): Se non les o texto completo, non entenderás o seu significado.  Se suspendo de novo, na casa hanme berrar.

Causais (causa e consecuente): Merquei os iogures naturais, pois os de sabores fanme mal. Como ninguén me avisou, non fun á reunión.

Consecutivas (antecedente e consecuente): Xa non podo máis, polo tanto, voume para a cama. Mais non sempre é precisa a coma: É tan despistado que nin sequera me viu.

Concesivas (tese e antítese): Por máis que llo pedín, non mo quixo dar. Mesmo que mo dixese meu pai, non o crería.

       Mais non sempre é precisa a coma: Irei á praia pese a que chove moito.