1. Para chegarmos a tempo, cómpre bulirmos.
  2. Despois de saírdes, fechade a porta.
  3. Ao pendurares o xamón, rompiches a cadeira.
  4. Comprou coche para chegar antes ao traballo.
  5. Enfadeime con eles por falaren mal de min.
  6. Tireille unha foto para ter unha lembranza del.
  7. Non pode haber dificultades para usarmos o galego sempre.
  8. Non poñas tantas dificultades para me emprestares o libro.
  9. Non é tan difícil gañaren a partida.
  10. Sen comprardes fariña, non poderedes facer o pan.
  11. Ao recoller os cinceiros, rompeu un.
  12. Rebaixáronlles o soldo por faltaren moito ao traballo.
  13. Non se dan posto de acordo para faceren unha folga polo convenio.
  14. Xa vai sendo hora de rematardes os exercicios.
  15. Non paga a pena ires andando ata o centro.
  16. Sería máis custoso poñerdes a banda ancha.
  17. De sabérmolo xa non estariamos alí.
  18. Por andar de esmorga decote, estraguei o fígado.
  19. Sen dárdeslle propina, non conseguiredes un bo asunto.
  20. Tiveron que viaxar dous días con motivo de entregárenche o premio do concurso.
  21. Con andares a facer subornos, pouca sona vas coller.
  22. Para arranxármoscho hoxe, terás que deixalo aquí.
  23. Recoñeceu serdes os primeiros en chegardes a Riazor.
  24. Para poder falar, debe pedir a palabra primeiro.
  25. Paciencia, que non é preciso pórmonos dese xeito.