1. Houbera aquela catástrofe ecolóxica antes de vivirmos na Coruña.
  2. Xa estivera na casa antes de reformala.
  3. Fixéralo tan ben que non me decatei.
  4. Xa o soubera el antes de que eu llo lese en Tempos Novos.
  5. Daquela vez detivéranme para evitaren riscos.
  6. Díxome que o quixera rachar onte.
  7. Parecíalle que cando viñera a outra vez estaba máis rexo.
  8. Nunca fora á Arxentina, mais co aquel do centenario do Centro Galego cumpriu o soño.
  9. Antes daquela xa tivera outras doenzas similares.
  10. Rexeitou o cargo porque xa fora presidente outra vez.