1. Despois de chegarmos, puxémonos a conversar un anaco.
  2. Por non estudares nada, vas levar un suspenso.
  3. Ao morrer nácese outra vez.
  4. Para chegarmos a esa conclusión cumpriría vermos novas probas, e que nos puxésemos a traballar en serio.
  5. De chegares a algo, non será polos esforzos que ti mesmo fas.
  6. Ao decidirmos o futuro da empresa cometemos graves erros de apreciación comercial; ben nos debiamos decatar de que a realidade era outra, e pór os alicerces dunha sociedade competitiva nas novas tecnoloxías da información.
  7. Sen realizardes algunhas melloras na explotación nunca tiraredes grande rendibilidade; con facerdes a estabulación libre e uns silos máis amplos, xa poderiades producir a bo prezo na S.A.T. Os Parentes.
  8. Decidimos facer unha longa viaxe aos Estados Unidos para vermos o sitio onde caeron as Torres Xemelgas no 2001 e apreciarmos as belezas da cidade; en caso de achármonos a gusto, prolongariamos a estadía.
  9. Entre saírmos nós e chegares ti non pasou unha hora.
  10. Perderon unha boa cantidade de diñeiro ao rexeitaren o premio por diferenzas coa Xunta.
  11. Gustaríanos moito podermos participar nesa competición atlética, facilmente puidésemos chegar á final.
  12. Por non estares na casa non che puidemos entregar os telegramas.
  13. Xa ía sendo tempo de acabares a obra, aínda que, certamente, se che presentaron moitos problemas.
  14. Tras expórmoslle a cuestión, decidimos actuar, dese o seu consentimento ou non.
  15. Sempre vos repito esta frase: estardes atentos é moi raro.
  16. Non vos lembrades que a pouco de entrardes comezou a orquestra a tocar e xa vos puxestes a bailar?
  17. Con motivo de saíren as listas de aprobados demos unha pequena festa.
  18. Ao demostrármoslles eu e mais ela que a solución non era esa, puxéronse furiosos, mais non tiveron outro remedio que dárenche a razón.
  19. Ao chover, énchense de lama as corredoiras.
  20. De encontrares petróleo nas túas terras, converteraste nunha das máis ricas da aldea.
  21. Iso é como confundir o touciño coa velocidade.
  22. Non lle contes o segredo ata marchares/marchar.
  23. Despois de reincorporármonos ao traballo teremos que revisar o feito polos substitutos.
  24. Non estaría mal dedicármonos un pouco máis ás lecturas en galego, non só para pasarmos mellor o tempo, senón para adquirirmos coñecementos novos sobre a patria.
  25. Xa albiscou algo diso ao saíren todos xuntos da cafetería.
  26. Escoitaron moitas felicitacións por iren tan ben conxuntados o martes de entroido.
  27. Prometeunos montóns e moreas por conseguirmos uns resultados tan satisfactorios.
  28. Falásteslles de todo, desde integrárdesvos no seu grupo de afeccionados ata construírdes o desexado veleiro entre todos.
  29. Ao sentares na cadeira, partícheslle unha pata e houbeches caer.
  30. Entre entregaren as armas ou morreren coas botas postas, os soldados americanos escolleron o primeiro.
  31. Con estes discursos non fas máis que aborrecéresnos.
  32. Dedicábase a vixiar o inimigo desde a atalaia.
  33. Con mercármosche o negocio non che resolveremos a situación financeira.
  34. De sabéreno os enxeñeiros, pódenche retirar o permiso.
  35. Antes que convocaren eleccións, preferiron formar outra alianza de dereitas.