Levarme ben comigo mesmo. Competencia emocional
|

SECUENCIA DIDÁCTICA: Levarme ben comigo mesmo. Competencia emocional

Preténdese, mediante esta secuencia, que o alumnado recoñeza a importancia do autocoñecemento e o control das emocións e os impulsos como elemento para sentirse ben consigo mesmo (autoestima).


Coñecerse e valorarse

Obxectivos
• Desenvolver o pensamento consecuencial.
• Aprender a ter pensamento autocrítico.
• Coñecerse e quererse un mesmo como base dunha vida feliz.

Orientacións didácticas
WebQuest na que se persegue que o alumno recoñeza e non se avergonce da súa maneira de ser, senón que se valore e se aprecie como é.

Forma de traballo
O alumno deberá ir resolvendo as distintas situacións que se lle van presentando na WebQuest, adoptando distintos roles. Trátase dun traballo individual, aínda que non se desbota o traballo en equipo. Ao final o alumno poderá demostrar o aprendido nunha actividade práctica.

Ligazóns suxeridas:

Introdución
http://www.xtec.es/~cciscart/annexos/conoceteatimismo.htm
http://www.psicoactiva.com/tests/test4.htm
http://www.terra.es/personal/kokopaco/asnoventa.htm

Tarefa
http://www.elcantodelloco.com/
http://www.xtec.es/~cciscart/annexos/autoconeixement2.htm
http://www.rafael-nadal.net/2006/12/08/rafa-debo-mejorar-mi-saque/
http://www.ciudadseva.com/textos/cuentos/euro/andersen/trajenue.htm
http://www.sololiteratura.com/bor/borhistoriade.htm
http://www.ideasdenegocios.com.ar/autoestima.htm
http://w3.cnice.mec.es/recursos2/e_padres/html/adoslsauto.htm
http://www.mailxmail.com/curso/vida/feliz/capitulo1.htm

Conclusión
http://www.educarueca.org/spip.php?rubrique13
http://www.proverbia.net/citastema.asp?tematica=191
http://iessalvadorespriu-salt.xtec.es/~lsobrino/socrates.htm


Responder dos propios actos

Obxectivos
• Asumir a importancia de tomar decisións de forma responsable, valorando as consecuencias para si mesmo e os demais.
• Valorar a necesidade de prever antes de decidir, pensar antes de actuar.
• Analizar diferentes opcións antes de tomar unha decisión e asumir as consecuencias.

Orientacións didácticas
Animación na que se lle presenta ao alumno o contexto e o significado da toma de decisións e a responsabilidade.

Forma de traballo
Traballo individual no ordenador persoal, aínda que tamén se pode realizar de maneira conxunta coa axuda dun proxector de vídeo conectado a un ordenador con Internet. O alumno debe ir respondendo a cada unha das situacións que suceden nas animacións e contestar as probas prácticas que aparecen ao final da secuencia.


Expresar as emocións

Obxectivos
• Favorecer o autocoñecemento e a reflexión sobre as emocións, sentimentos e paixóns propias.
• Diferenciar entre emocións, sentimentos e paixóns.
• Favorecer a identificación e expresión de emocións.
• Axudar ao autocoñecemento e comprensión de si mesmos.
• Recoñecer as vantaxes de expresar as emocións.

Orientacións didácticas
Animación na que, unha vez que se explicou que son os sentimentos, as emocións e as paixóns, e despois de determinar o positivos que son sempre que sexan equilibrados, se pon o alumno fronte a unha situación para que elixa o xeito no que podería reaccionar.

Forma de traballo
Traballo individual no ordenador persoal, aínda que tamén se pode realizar de maneira conxunta coa axuda dun proxector de vídeo conectado a un ordenador con conexión a Internet. O alumno debe ir respondendo a cada unha das situacións que suceden nas animacións e contestar as probas prácticas que aparecen ao final do obxecto.


Controlar os impulsos

Obxectivos
• Favorecer a reflexión sobre as consecuencias negativas, para si mesmo e os demais, que teñen as condutas impulsivas.
• Valorar a necesidade de demorar gratificacións como forma de lograr os obxectivos a medio e longo prazo.
• Recoñecer condutas impulsivas.

Orientacións didácticas
Animación na que se traballan os conceptos de impulso, autocontrol e equilibrio.

Forma de traballo
Traballo individual no ordenador persoal, aínda que tamén se pode realizar de maneira conxunta coa axuda dun proxector de vídeo conectado a un ordenador con conexión a Internet. O alumno debe ir respondendo a cada unha das situacións que suceden nas animacións e contestar as probas prácticas que aparecen ao final do obxecto.


Comprender os enfados do outro

Obxectivos
• Coñecer modos diversos para enfrontarse ao anoxo doutros rebaixando o nivel de tensión e conflitividade da situación creada.
• Coñecer modos para tratar situacións nas que o interlocutor está desgustado con nós.
• Valorar os modos de control en situacións de enfado como forma de mellorar a comunicación interpersoal e as relacións sociais en xeral.

Orientacións didácticas
Animación na que o alumno se enfrontará a un conflito de intereses a partir do cal poderá xerar sentimentos de empatía que o axuden a aprender a manexar as tensións e os conflitos propios da súa idade.

Forma de traballo
Traballo individual no ordenador persoal, aínda que tamén se pode realizar de maneira conxunta coa axuda dun proxector de vídeo conectado a un ordenador con conexión a Internet. O alumno debe ir respondendo a cada unha das situacións que suceden nas animacións e contestar as probas prácticas que aparecen ao final do obxecto.