Mulleres pola paz
|

SECUENCIA DIDÁCTICA: Mulleres pola paz

Nesta secuencia téntase presentar a loita pola igualdade empregando como exemplo catro mulleres que traballaron en diferentes lugares do mundo para apoiar a integración  de distintos  grupos sociais en situación  de discriminación por causas diversas.


Chámome Rosa Parks

Obxectivos
• Traballar a educación en valores a través do estudo da consecución da  igualdade de dereitos civís nos EUA.
• Iniciar o alumno no desenvolvemento dos conceptos de discriminación e desigualdade baseándose na loita da poboación negra nos EUA desde os anos cincuenta ata a actualidade.
• Explicar a protesta non violenta como medio para reivindicar dereitos legais.

Orientacións didácticas
Convén resaltar a importancia dos líderes do movemento de protesta pacífica nos EUA, Rosa Parks e Martin Luther King, e analizar a través da lectura das ligazóns as consecuencias das súas accións e a súa subsistencia ata a actualidade.

Forma de traballo
O fío condutor deste grupo de contidos será a secuencia histórica que parte da análise das leis Jim Crow ata a conquista de  postos de poder por parte da poboación negra. A lectura e a realización das actividades incluídas en cada apartado permitiranlles aos alumnos extraer as súas propias conclusións sobre o tema traballado.

Ligazóns suxeridas:

Introdución
http://www.kalipedia.com/historia-espanola/tema/guerra-fria-mundo-bipolar.html?x=20070717klphisuni_293.Kes
http://exapamicron.wordpress.com/2007/11/21/leyes-jim-crow/
http://www.publico.es/026201/rosa/parks/mujer/negra/desafio/america/blanca


Tarefa
http://clio.rediris.es/udidactica/sufragismo2/biogra.htm#mott
http://www.millis.k12.ma.us/programs/immersion/biografias/Stone.htm
http://www.lafogata.org/mujer/c26.htm
http://www.ahorausa.com/FyVHave%20a%20Dream.htm
http://www.youtube.com/watch?v=iEMXaTktUfA
http://es.wikipedia.org/wiki/Malcolm_X
http://news.bbc.co.uk/hi/spanish/international/newsid_3188000/3188399.stm
http://www.elmundo.es/elmundo/2005/10/29/sociedad/1130542801.html

Conclusión
http://blogs.periodistadigital.com/humanismo.php/2007/01/06/sobre_cantos_espirituales_negros_la_hist
http://es.wikipedia.org/wiki/Condoleezza_Rice
http://es.noticias.yahoo.com/16/20070813/tso-barack-obama-9b37dc8.html


De negro e en silencio

Obxectivos
• Traballar a educación para a igualdade entre os sexos empregando como exemplo o movemento das Mulleres de Negro.
• Importancia da reivindicación da non violencia naqueles estados que sofren unha situación de guerra permanente —Israel— ou alongada no seu momento —a antiga Iugoslavia—.
• Analizar os principais eidos de actuación das Mulleres de Negro con especial atención á loita contra a limpeza étnica.

Orientacións didácticas
É importante analizar na aula  a estrutura supranacional da organización, os encontros que periodicamente celebran en diferentes países para unificar os seus eidos de acción e os medios que empregan para gañar adeptos á súa causa (conferencias, foros de opinión, manifestacións).

Forma de traballo
Xa que os eidos de acción e actuación das Mulleres de Negro son moi amplos, convén centrar o estudo da organización nuns lugares concretos e nos conflitos que teñen maior transcendencia no mundo actual: a loita pola igualdade entre os sexos no mundo islámico e a guerra árabe-israelí, e analizar cada un dos conflitos desde os dous bandos, poñendo de relevo os chamados “efectos colaterais” de cada conflito.

Ligazóns suxeridas:

Introdución
http://www.mujeresdenegro.org/quienes.asp
http://es.geocities.com/quierosabertodo/israel/index.html
http://news.bbc.co.uk/hi/spanish/international/newsid_6915000/6915568.stm

Tarefa
http://www.laverdad.es/murcia/20061108/mundo/principales-ataques-israel-palestina_200611081256.html
http://www.edualter.org/material/palestina/intifada.html#introduccion
http://www.elmundo.es/elmundo/2008/07/29/solidaridad/1217325038.html
http://www.elpais.com/articulo/internacional/rostro/limpieza/etnica/elpepuint/20080722elpepiint_14/Tes
http://www.nodo50.org/tortuga/article.php3?id_article=1591
http://www.nodo50.org/mujeresred/mdn-israel.html
http://www.mujerpalabra.net/activismo/mdnmadrid/pages/herstory.htm

Conclusión
http://www.radiofeminista.net/agosto05/notas/mujeres_negro7.htm
http://wib.matriz.net/2003/NEWSBELGRADO/ENE2003/ene_Belgnews02_es.htm


Defender a liberdade en cativerio

Obxectivos
• Iniciar o alumno nos conceptos de democracia e liberdade de opinión.
• Analizar o contexto vital e xeográfico de Aung San: Birmania e a situación de falta de liberdade na que se desenvolve a vida neste lugar.
• Establecer de novo a resistencia pacífica como medio de resistencia á opresión e á carencia de dereitos por parte da maioría da poboación dun país.

Orientacións didácticas
A lectura da vida e do traballo da protagonista deste contido son esenciais para mostrarlles aos alumnos que, a pesar dunha vida repleta de sufrimentos e dun constante cativerio, o exemplo de Suu Kyii goza de gran prestixio na comunidade internacional e as súas accións téñense como exemplo de loita e de resistencia á inxustiza e á opresión.

Forma de traballo
Realizar unha entrevista dividindo a clase en grupos que preparen o contido das preguntas e analicen o contexto no que se desenvolve a vida da entrevistada, outros que asuman as súas opinións, e, finalmente, outro sector da clase analizará as consecuencias e a transcendencia das súas accións.

Ligazóns suxeridas:

Introdución
http://es.wikipedia.org/wiki/Birmania
http://www.elmundo.es/documentos/2003/04/guerras_olvidadas/birmania.html
http://news.bbc.co.uk/hi/spanish/international/newsid_7011000/7011908.stm

Tarefa
http://www.mujereshoy.com/secciones/826.shtml
http://archive.amnesty.org/library/Index/ESLASA160121991?open&of=ESL-2S3
http://www.elpais.com/articulo/internacional/rostro/resistencia/elpepiint/20071001elpepiint_4/Tes
http://www.elmundo.es/elmundo/2003/05/31/internacional/1054384354.html
http://www.diariodirecto.com/internacional/2008/05/27/birmania-disidente-arresto-289425075054.html
http://www.google.com/hostednews/afp/article/ALeqM5hC3BOLVDcIwcQqibmAnedqfuveOQ
http://www.lavanguardia.es/lv24h/20080709/53496818111.html
http://www.radio.cz/es/articulo/80286
http://news.bbc.co.uk/hi/spanish/misc/newsid_4101000/4101230.stm
http://actualidad.terra.es/sociedad/articulo/mana_ddhh_birmania_2480222.htm

Conclusión
http://afp.google.com/article/ALeqM5jL2BTi9VvRcYKlHIfp9UFB2H_wKA
http://www.amnesty.org/es/news-and-updates/feature-stories/myanmar-eighteen-years-of-persecution-20071024
http://birmaniaporlapaz.org/jml/index.php?option=com_frontpage&Itemid=1


Shirin Ebadi. Dereitos e liberdades das mulleres no Islam

Obxectivos
• Achegar o alumnado aos conceptos de discriminación por razóns de sexo tomando como exemplo os países árabes: Irán.
• Analizar a situación de desigualdade da muller nos países árabes a través de exemplos concretos como o uso do veo ou a imposibilidade de acceso a determinados postos de traballo.
• Recorrer á protesta non violenta para reclamar dereitos e liberdades civís.

Orientacións didácticas
A análise da vida de Shirin Ebadi vai unida á historia do seu país: Irán, a antiga Persia que substituíu o seu esplendor de lenda por unha situación pouco favorable á liberdade de expresión e á consecución legal de dereitos. Analizando as lecturas e as imaxes incluídas pódese propoñer a situación xeral do país e os cambios que se produciron nos últimos tempos grazas á actuación de personaxes como Ebadi.

Forma de traballo
Elaboración dun mural ou exposición visual de imaxes e textos que aludan á situación da muller e ao tradicional predominio do home na relixión, no traballo e na estrutura social. Este mural deberá consistir no punto de partida para valorar os cambios precisos e que conduzan a muller a unha situación vital máis favorable.

Ligazóns suxeridas:

Introdución
http://news.bbc.co.uk/hi/spanish/photo_galleries/newsid_3478000/3478651.stm
http://www.observatoriodigital.net/bol253.htm#iran
http://verdadosa.blogspot.com/2007/03/ser-mujer-en-irn.html

Tarefa
http://www.elpais.com/articulo/internacional/censura/irani/ceba/mujer/elpepuint/20071113elpepuint_1/Tes
http://www.nodo50.org/mujeresred/iran-accion.htm
http://www.es.amnesty.org/noticias/noticias/articulo/amnistia-internacional-condena-la-violencia-contra-mujeres-manifestantes-en-iran/
http://news.bbc.co.uk/hi/spanish/international/newsid_6417000/6417281.stm
http://revcom.us/a/039/europa-informe-marcha-iran-mujeres-s.htm
http://www.elpais.com/articulo/internacional/protestas/mujeres/regimen/extienden/Iran/elpepuint/20071208elpepiint_6/Tes
http://www.webmujeractual.com/biografias/nombres/sebadi.htm
http://www.elmundo.es/elmundo/2003/10/10/sociedad/1065784956.html
http://elproyectomatriz.wordpress.com/2007/12/25/voces-v-shirin-ebadi/

Conclusión
http://www.elpais.com/articulo/sociedad/mujer/religion/elpepisoc/20050918elpepisoc_8/Tes
http://www2.irna.ir/occasion/turismo-en-iran/descubra-Iran/La-mujer-irani/la_mujer.htm
http://www.clarin.com/diario/2007/04/22/elmundo/i-02501.htm
http://www.elpais.com/articulo/paginas/Shirin/Ebadi/conciencia/paz/Iran/elpepusoceps/20070909elpepspag_13/Tes


Wangari Maathai e a natureza como ben para o futuro

Obxectivos
• Concienciar o alumnado acerca da necesidade de conservar a natureza como garantía de crecemento e fonte de recursos.
• Comezar cos conceptos de equilibrio ambiental e desenvolvemento sostible a través do estudo da personalidade de Matthai.
• Educar na necesidade de que os homes e as mulleres traballen na extensión e na conservación do seu medio habitable.

Orientacións didácticas
Para levar a cabo a consecución dos obxectivos iniciais é preciso achegar e concienciar o alumnado acerca da deterioración da natureza e explicar que é necesario darse conta dela para ser quen de traballar na súa mellora. O exemplo que se pode empregar é o do país de Matthai, Kenya, devastado por guerras, tensións tribais e moitos anos de dependencia colonial, e o xeito en que esta activista integrou grupos sociais diferentes en tarefas como a recuperación dos bosques.

Forma de traballo
Basearase nunha exposición oral estruturada e ilustrada con imaxes relativas á situación de deterioración do medio natural no continente africano, as accións levadas a cabo por personaxes, institucións e gobernos, e as consecuencias visibles hoxe que se derivan destas intervencións.

Ligazóns suxeridas:

Introdución
http://es.wikipedia.org/wiki/Kenya
http://www.adnmundo.com/contenidos/politica/kenia_legado_colonial_pi_25122007.html
http://www.terra.com/noticias/articulo/html/act1090972.htm

Tarefa
http://www.europapress.es/epsocial/noticia-deterioro-medioambiental-desplaza-mas-personas-conflictos-armados-20080620164615.html
http://www.wfp.org/spanish/?NodeID=32
http://portal.unesco.org/education/es/ev.php-URL_ID=23892&URL_DO=DO_TOPIC&URL_SECTION=201.html
http://www2.eluniversal.com.mx/pls/impreso/noticia.html?id_nota=249154&tabla=notas
http://www.combonianos.com/MNDigital/index.php?option=com_content&task=view&id=6&Itemid=9
http://www.unesco.org/courier/1999_12/sp/dires/txt1.htm - e1
http://www.un.org/spanish/News/fullstorynews.asp?newsID=3219&criteria1=Ambiente&criteria2=Kenia
http://www.caracol.com.co/noticias/357615.asp
http://www.elmundo.es/elmundo/2004/10/08/sociedad/1097221122.html

Conclusión
http://www.mujereshoy.com/secciones/2517.shtml
http://www.noticiaspositivas.org/index.php?option=com_content&task=view&id=88&Itemid=238
http://www.enbuenasmanos.com/articulos/muestra.asp?art=749