a)

Creo, querido amigo, que nos trabucamos; así pois, devolvámoslles os cartos e quedaremos ben. Ben se vía que Luís, Carme, Andrea e Noa non estaban interesados no proxecto. Dixéronnos que si, mais non cumpriron. Xa dixera teu pai: “non vos fiedes deles, rapaces”. Cando el o dixo, por algo sería. Agora teremos que decidir onde investimos os cartos que nos volvan. Meu tío, que vén do Brasil, pódenos orientar pois ten experiencia niso; sempre pode buscar unha empresa seria, honesta e forte, un negocio que prometa. Eu xa falara coa Caixa e co Manel aínda que non vise moitas perspectivas, polo tanto é mellor vérmonos mañá antes da reunión.

 

b)

...neses minutos iniciais o Lugo causou unha boa impresión, pois agardaba aos ourensáns e, controlando ben os seus homes máis perigosos, lanzaba ataques con certo perigo. O xogo ofensivo do equipo das Burgas estaba favorecido pola marcaxe individual dos lucenses, que non sempre eran capaces de suxeitar os dianteiros. Neses momentos de bo xogo produciuse outro gol, tamén obra de Mouro, mais o colexiado anulouno por fóra de xogo. Os bos agoiros, sen embargo, non duraron moito. O Lugo empezou a ter problemas de marcaxe na defensa e deixoulle moitos ocos a Matías. Creou moito perigo o ex-deportivista ao propio Pepiño e ao rapidísimo Lueiro. A primeira grande oportunidade para os das Burgas chegou no minuto 35 e estivo nas botas de Alongos. O louro dianteiro, que chegou con problemas físicos, non fixo un bo partido, mais deixou dúas ou tres pinceladas da súa clase; como nesta ocasión en que se adiantou a Muíños e Lucho tivo que evitar o gol sobre a liña.

............................................................

 

c) Libre.

d)

1. Que é un quilovatio? Éme igual o que sexa, é dicir, dáme o mesmo. Teño moita présa. Por que teño présa? Pois, porque estou eu só.

2. Ti es un covarde! Vés xunto a min co teu móbil de infravermellos esaxerando e falando estranxeiro con algún estraño da CIA ou da Consellaría de Educacion da Xunta de Galicia. Facilmente sexa un lingüista que anda a gravar as marabillosas palabras do pobo galego.

3. El saíu ás dúas da súa habitación ou quizais despois. Xa había tempo que non bebía e pediu máis cervexa. Bebeu tanto que inchou. Non lle entraba ben o oxíxeno na boca.

4. Cómpre pór os pés aí para poder saír fóra da bóla de cristal esa. Tamén hai que ter máis xuízo, ser menos egoísta e non prohibir aos demais o que fas ti.

5.- Vén aí o Luís co seu álbum de réptiles e voitres. Fíxoseme un nó na gorxa ao velo co seu lapis debuxando bolboretas que esvaran polo oco da parede. Vaia carácter que ten!