1. Na rúa onde vivía miña tía había un baúl que só se vía de día, aínda que de noite saía a lúa e o iluminaba.
  2. Colleu a agulla, pinchou o dedo, botou sangue e pediu auxilio. Tomei unha gasa e non me serviu, collín unha toalla e púxenlla.
  3. Dixo el que hoxe á tarde é o mellor día para ir aos cogomelos e ás castañas.
  4. No tempo dos apóstolos había uns homes moi bárbaros que subían ás árbores e comían os pexegos.
  5. A avoa colleu o fío e pediu a agulla para ir coser ao seu cuarto.
  6. Helena toca a harmónica na horta mentres Henrique varre coa vasoira.
  7. O exterior esquerdo do Marín é estranxeiro, mais xoga máis e mellor que os de aquí.
  8. Nós somos así; aínda que nos ofrecían algúns cartos, negámonos a saír pola televisión.
  9. Xamais pensei en Elías, el non é o rei do xogo. Todos os anos o botan dos equipos nos que xoga.
  10. Non esaxero se digo que é estraño ser bilingüe aquí, aínda que hai algúns que o son.
  11. O avogado recibiu o acusado na rúa e colleu un taxi vermello.
  12. Aí había uns homes moi divertidos que partían ovos coas balas de pistola que atoparon nun oco da parede.
  13. Para cumprir as nosas leis, traían os papeis traducidos á nosa lingua e así xamais entraban no cárcere.
  14. Vós vivistes nun país que trataba ben as mulleres. Alí nunca houbo discriminación sexual.
  15. Ás catro da tarde, as dúas irmás decidiron ir á casa da avoa levarlle a tarta que compraran.
  16. Cómpre falar co teu curmán Brais para convencelo de que compre aquel boneco e llo dea a Laura.
  17. Dálle as grazas a esa amiga da túa nai; porque se non llas dás, vouche tirar das orellas.
  18. Ten dó de min e mais do teu amigo, que non quixemos ofenderte.
  19. Estou convencido de que é difícil aprendelo e aínda máis lembralo despois, mais farei un esforzo por intentalo.
  20. Como lle fagas o nó á gravata tan apertado, non poderás abotoar a camisa no pescozo.
  21. Nós sabemos que nos bosques hai moitos animais descoñecidos, mais nunca nos levaron a eles para que os puidésemos ver no seu hábitat.
  22. Sabedes o que hai que facer para pór un libro sobre aquela mesa? Entrar pola porta, pasar por todo o cuarto e procurar non topar coa cadeira que está ao lado dela.
  23. Dime dunha vez se vés ao cine ou non vés. Eu penso que debes vir, non ves que se non, non terás outra oportunidade de ver esa película?
  24. Mirade, o rapaz do que falamos vén entre todos aqueles que levan gafas porque non ven ben e el é o que menos ve.
  25. Xa vos dixen que nunca o virades, agora que se vós insistides en que o coñecedes, será certo.
  26. Só sei que pola túa culpa, o gato rompeu a póla da laranxeira, porque o asustaches e agatuñou por ela espantado.
  27. Facilmente sería así como tería que suceder: as súas dúas tías terían que saír pola rúa, aínda que non era de día nin estaba a lúa.
  28. Colleu unha chave, abriu a porta e saíu. Pediu un taxi, mais non había alí ningún taxi. Berrou moito e nada, non veu ninguén. Ademais despois empezou a chover.
  29. Na nosa lingua as bágoas son fáciles de recoñecer.
  30. As augas quentes son moi típicas de Ourense, chámanse As Burgas.
  31. María é curmá de Matías e irmá de Elías, o que vivía en Marín.
  32. Dixo o chofer do arcebispo que a atmosfera que se respira na arquidiocese non é a que lle gusta á elite dos cregos
  33. Non foi á Olimpíada por ter a rubéola, polo que pasou un verán moi anódino