a)

  1. Ten tino, que con iso xa se mancou miña nai nunha man o verán pasado.
  2. Eses xamóns son moi ruíns e xa o dixo el cando os viu.
  3. Xa te levei comigo.
  4. Colle os cartos e méteos no banco antes de que chos leven os ladróns.
  5. Xa lles dixen aos nenos o que tiñan que facer, e ao deitárense que apaguen a luz.
  6. Por aquel camiño viñan uns cans alobados.
  7. Colleu a vara e partiuna dun golpe.
  8. Miña avoa trouxo unhas roscas de Ribadavia que estaban moi ricas.
  9. Estaban bailando na eira uns rapaces moi pándegos.
  10. Fixestes ben, que así non vos van poder pillar.
  11. Eu aprobei todo este ano, aínda que non tiña moi bos profesores.
  12. Ti cantaches moito mellor que o resto, mais xa ves como son as cousas, o premio foi para os de Ortigueira.

b)

1.- Anda, rapaz, come e bebe, e o que che sobre méteo nos petos e lévao. Bloque central. (Área lucu-auriense, concretamente na Limia)

2.- O meu padriño vendeu os pantalóns vellos na feira o domingo. Bloque Oriental. (Provincia de Lugo).

3.- Acende a luz da cociña, que non se ve ben. Bloque occidental (seseo total)

4.- Foi teu irmán o que meteu man nos xamóns do veciño. Bloque central.

5.- E logo por onde andabas que non te vin (mirei), a última vez foi en Pasarón. Bloque occidental (o Morrazo)

6.- Seica viñeron visitala uns cataláns moi educadiños eles. Bloque central.