1. Ficou moi satisfeito cando conseguiu limpar todo o piso e colocar as cortinas sen a axuda de ninguén.
  2. Comprendeu que a aquela hora xa lle sería imposíbel comezar a escalada da montaña porque non alcanzaría o seu obxectivo antes de chegar a noite.
  3. Para facer máis clara a explicación empregou varios exemplos que todos puidesen entender sen dificultade.
  4. O asasino permaneceu tranquilo e non se alterou cando o sorprenderon no lugar do crime.
  5. Os científicos, grazas á súa rápida acción, extirparon aquela parte enferma do organismo antes de xurdiren complicacións.
  6. Cando chega a primavera o sol parece brillar con máis forza no ceo.
  7. É moi frecuente que os cidadáns colaboren con sinceridade e entusiasmo nas grandes empresas colectivas.
  8. Mira, aquel home da gabardina que está alá na esquina é o famoso profesor de quen tanto che falei.
  9. A organización e funcionamento da oficina é un problema que ninguén ousa afrontar con ganas.
  10. O seu orgullo determinouno a pechar a boca ante as aldraxes proferidas por un sector da audiencia.