1. Era moi fermoso escoitar no interior da catedral de Lugo aquela música tan doce e interpretada con tanto sentimento pola Teresa.
  2. Parece que desde a túa perspectiva, o único que paga a pena é observar con toda atención os defectos dos demais.
  3. Este verán dedicareino a practicar as técnicas máis actuais para conseguir un perfecto bronceado.
  4. O condenado do rapaz non exercita a memoria porque ignora que ese é o mellor xeito de mantela en forma.
  5. Dentro duns días levareite ao campo para que vexas que non todas as árbores son iguais.
  6. Hai que ver o interese que tes ultimamente por todo o relacionado coa informática. Nin que esa fose a panacea universal!
  7. Para estudar a materia de lingua cómpre dominar algúns conceptos: obxecto directo, suxeito, atributo, suplemento, etc.
  8. Primeiro fixo unha crítica dela ante xente allea, e non contento con iso, logo comezou a murmurar polo baixo non sei que insensateces.
  9. Iso é diferente: pero non admito que me leves a contraria cando sabes tan ben coma min que eu teño razón.
  10. Cando o Maximino perdeu os sentidos púxose completamente pálido, mais ao cabo dun instantiño xa tiña un aspecto magnífico.
  11. Antuerpe  Anveres
    Capetón Cape Town ou Cidade do Cabo
    Castletón Castle Town