-Suxestións para traballos en grupo -Temas par redaccións fantáticas -Temas para falar ou escribir |
1.- Facer un estudo da normalización da lingua nos seguintes campos: |
|
|
|
|
|
|
|
2.- Facer unha enquisa na zona sobre o uso da lingua e a actitude dos falantes. |
3.- Gravar nun vídeo a un ou varios falantes escollidos previamente segundo a idade, profesión, residencia, etc. Logo, transcribir ao galego estándar e comentar as características máis importantes da lingua usada. |
4.- Sobre un xornal ou libro portugués, comparar a ortografía, morfosintaxe e léxico co galego estándar. |
5.- Comparar a lingua de tres textos en prosa e tres poemas de tres épocas diferentes (medieval, XIX e XXI) |
6.- Verter ao galego as letras dos temas de moda da música en inglés utilizando o tradutor Opentrad |
7.- Facer sopas de letras, xeroglíficos, encrucillados, etc. e intercambialos cos compañeiros. |
8.- Construír un xornal encargándose cada grupo dunha sección de noticias. |
9.- Construír un telexornal encargándose cada grupo dunha sección de noticias. |
10.- Preparar un programa de radio e escoitalo na clase. |
11.- Facer unha pequena peza de marionetas e logo representala. |
12.- Facer unha pequena peza de teatro e logo representala. |
13.- Estudo das revistas en galego no século XX-XXI. |
14.- Seguimento na prensa diaria durante unha determinada época de: |
|
|
|
|
|
15.- Estudo de determinadas épocas da historia de Galiza. |
16.- A flora do contorno. |
17.- A fauna do contorno: aves e insectos. |
18.- A fauna do contorno: outros. |
19.- A agricultura do contorno. |
20.- A industria do contorno. |
21.- A contaminación da zona. |
22.- Xogos e diversións da xente nova no contorno. |
23.- Grupos e cantantes galegos da actualidade. |
24.- Estudo xeográfico da zona. |
25.- O galego nas series de TV. |
25.- Tradución da lingua dunha serie como os Simpson. |
1.- Dispoñémonos a abrir unha lata de sardiñas, cando escoitamos unha voz metálica que nos di: alto, agarda polo menos a que che conte a miña historia antes de me destruíres. |
2.- O zapato do pé dereito e o do esquerdo discuten a ver a cal dos dous lle corresponde dar o primeiro paso ao saíren da casa esta mañá. |
3.- Despois dunha viaxe turística por Galiza, Almanzor relátalles as súas impresións e aventuras a uns amigos nunha taberna andaluza. |
4.- No ano 1001 a. C. un barbudo e vello galego conta a historia da súa vida aos seus netos. |
5.- Descrición de Galiza no ano 3001 d. C. |
6.- Unha moza, estudante de 1º de bacharelato en Xúpiter, vén pasar un mes á nosa casa para mellorar o galego que alí estudou. De volta en Xúpiter, cóntalles aos amigos a súa impresión sobre o noso mundo. |
7.- Convidados por unha moza de Xúpiter, botamos un mes na súa casa a fin de mellorar o idioma que alí falan. De volta a Galiza, contámoslles aos nosos amigos como viven alí. |
8.- Provistos dun binóculo que traspasa as paredes vemos as diferentes escenas que se producen no noso edificio neste momento. |
9.- A TVG-2 encárganos o guión para unha película sobre o lobishome. |
10.- O inspector Pepe Pérez relata para o xornal Galaico Vespertino o caso do home que apareceu asasinado e cunha orella cortada na praia da Lanzada. |
11.- Roque Ruíz, cantante e figura do grupo O furacán destructor relata a súa historia, desde as actuacións gratis nas festas de Vilavella ata os concertos en París e Chicago. |
12.- Nunha reunión entre as grandes potencias mundiais perante a situación límite de tensión terrorista, deciden darme plenos poderes para arranxar a situación. Que faría eu? |
13.- Vou camiñando pola rúa e, provisto dunhas lentes especiais, podo ler os pensamentos da xente coa que me cruzo. |
14.- Nunha parede hai un cartel con publicidade política que di... Describe o cartel, a mensaxe e o que pensa a xente que se para a lelo. |
15.- Encontrámonos coa Santa Compaña. As ánimas son personaxes famosos que van contando as causas polas que teñen que penar. |
16.- Unha alma chega ás portas do ceo e tenta convencer a San Pedro de que a deixe pasar. |
17.- Un anaco de queixo razoa co rato para que non o coma. |
18.- Inventa un conto ao estilo do conto popular no que entren como personaxes un can e un gato. |
19.- Inventa unha lenda protagonizada por unha serpe, unha princesa e un cabaleiro. |
20.- Ser un non ser, velaí a cuestión... Continúa o monólogo de Hamlet. |
21.- Así escalamos o Everest. |
22.- De como cheguei a ser campión olímpico. |
23.- A historia dun billete de 100 euros. |
24.- Solicitude ao emperador chinés para poder tomar parte nas oposición de mandarín. |
25.- Carta a un amigo que está na cadea nun pequeno e afastado país. |
26.-Carta na que se rompen as relacións amorosas co/a namorado/a. |
27.- Descrición técnica e detallada dos novos inventos da profesora Hermengarda: un novo teorema, o motor que funciona con..., etc. |
28.- Documento no que un xuíz declara inocente a un reo. |
29.- Descrición dunha paisaxe típica da Siberia. |
30.- Fragmento das memorias de Breogán achado na biblioteca do mosteiro de Carboeiro. |
31.- Escrito que contén o balance económico dunha empresa a fin de ano. |
32.- Compón tres letras para tres cantigas dos tres estilos máis representativos da música do momento. |
33.- Prodúcese unha guerra nuclear. Cales serían os efectos? |
34.- Esta sería a miña Galiza ideal. |
35.- Prodúcese a Guerra das Galaxias. |
36.- Un mago describe todos os números do seu espectáculo. |
37.- As aventuras dun/unha alumno/a do curso x. |
38.- Preparación e execución do roubo do século: a campá Berenguela da catedral de Santiago. |
39.- Ao caer un anaco da muralla de Lugo aparece a entrada a un corredor secreto, o seguilo obrigará a cambiar moitas pasaxes da nosa historia vixente. |
40.- Guión para un serial da TVG-2: crimes, divorcios, fillos secretos... |
41.- De como fuxín da cadea de Monterroso: planos, execución... |
42.- Diálogo entre unha hamburguesa e un prato de lacón con grelos; cada un canta as súas excelencias. |
43.- Manual para se facer rico en menos dun ano usando internet. |
44.- Manual para namorar moito e ben. |
45.- Os misterios do castelo de Monforte de Lemos. |
46.- As receitas de cociña do doutor Caldeirada. |
47.- O mundo visto por unha vaca. |
48.- Na illa de Sálvora aparece unha gruta. Que hai, quen a fixo? |
1.- Diálogo entre un camareiro e un cliente habitual. |
2.- Discusión matrimonial por un feito concreto. |
3.- Entrevistas ficticias a personaxes famosas. |
4.- Diálogo entre dous/dúas amigos/as que se atopan na rúa despois dun tempo sen se veren. |
5.- Discusión entre dous seareiros de dous equipos de fútbol diferentes. |
6.- Dous coches acaban de chocar, baixan os condutores e comezan a falar, ao tempo que se achegan varios curiosos. |
7.- Diálogo entre pais e fillo/a no momento de entregar o boletín coas cualificacións. |
8.- Representación dun Consello da Xunta, unha sesión do Concello... |
9.- Un grupo de vellos/as sentados nun banco do parque lembra a súa infancia. |
10.- Un remuíño intergaláctico tira por nós e aparecemos nun novo planeta. Alí nada saben da vida na Terra, pero teñen un tradutor automático de linguas. Temos que explicarlles moitas cousas: |
|
|
|
|
|
|
|
|
11.- Alguén comeza un conto inventado por el, nun momento determinado corta a narración no mellor para que continúe outro, que tamén vai interromper o relato... |
12.- Cadaquén explica cal é a súa diversión preferida e en que consiste. |
13.- Todas as tarefas dun día normal. |
14.- Descrición do centro dunha grande cidade á hora en que máis xente hai pola rúa. |
15.- Descrición das persoas, obxectos... que podemos atopar nun aeroporto. |
16.- Descrición da cidade, vila ou lugar no que vivimos. |
17.- Costumes máis correntes e típicos na nosa sociedade. Vantaxes e inconvenientes. |
18.- Para que estudar? Para que vale hoxe? |
19.- Medidas necesarias para reformar o ensino. |
20.- Os problemas máis comúns dun/dunha mozo/a hoxe. |
21.- As relacións de parella hoxe na xente nova. |
22.- Os problemas de relación cos pais. Comprensión e incomprensión. |
23.- Os progresos da medicina. Pasado e futuro. |
24.- A eutanasia. |
25.- A televisión actual: o bo e o malo. |
26.- Os incendios e outros factores de destrución da natureza. |
27.- Nacionalismo, federalismo, autonomía, europeísmo. |
28.- Globalización, dependencia das multinacionais. |
29.- As marabillas do teléfono móbil. |
30.- A guerra. Hai xustificacións para ela? |
31.- Os dereitos humanos no mundo actual. |
32.- A inmigración hoxe. |
33.- A xustiza social no século XXI. |
34.- A opinión pública: o seu poder e como dominala. |
35.- A homosexualidade. |
36.- Os extraterrestres e as súas aparicións. |
37.- As drogas na mocidade: duras, brandas, de deseño. |
38.- A visión da vida nas diferentes relixións. 41: Comentario libre desta foto con cds colgados de varas:
|
2005-2011 |