1.- O marroquí é un home que ten unha cultura moi diferente á occidental.
2.- O mércores sempre tomo un café tranquilamente ante a televisión sen ter o mandil posto e mentres fumo un cigarro, xa que é o único día que non debo traballar despois de xantar.
4.- Ese rei ditou unha lei sorprendente: obriga ao coronel e ao cónsul a presentárense o luns e o xoves ante a Comandancia da Garda Civil.
5.- O nivel cultural e económico desa familia é aceptábel: todos teñen anel e len algún libro cada semana.
6.- Ese val é moi fértil e agradábel, e ten de todo. Alí podes ver desde un pónei ou un boi pacendo ata un hindú xogando ao hóckey no xardín do hotel.
7.- Hai un farol municipal no parque infantil, mais como está fronte ao cuartel aínda se vai vendo.
8.- Ese can é un berrón, non fai máis que ladrar.
9.- O gol marcado polo xogador israelí non foi legal.
10.- Din que a estrela de mar non é hostil ao ollomol.
11.- Aquel monxe paúl meteu un libro no baúl de cor azul.
12.- No local social dese organismo tómase moito café.
13.- Puxo un pernil sobre a mesa e dixo que esa era a súa credencial.
14.- O rol desempeñado polo bemol no pentagrama é moi importante. Foi o que dixo ese doutor que é moi hábil no manexo do bisturí.
15.- Aquel capitel representa unha escena celestial.
16.- O martes sempre vén algún rapaz.
17.- O corazón senil tamén pode ser pasional.
18.- O lacón está moi caro segundo o prezo oficial.
19.- Teño que mercar tea para un lenzo branco e un calzón azul.
20.- É un edil admirábel segundo o editorial do xornal dominical.
21.- O e pode ser unha vogal aberta ou fechada.
22.- É unha flor común e fácil de atopar en calquera verxel.
23.- Cacei unha perdiz naquel piñeiral.
24.- Esa fábrica téxtil ten unha parede anil.
25.- Crese que o pardal é capaz de cantar unha hora enteira.
26.- Pon o mantel da mesa grande e vai traendo o pemento cru.
27.- Non me gusta ese cartel, é igual que o do ano pasado e ten unha cor insufríbel.
28.- O caracol de meu irmán gañou o campionato mundial, foi o máis áxil e dócil.
29.- A explosión foi provocada por un gas letal.
30.- A abertura gradual de oficinas bancarias farase tendo en conta a situación da sucursal existente.
31.- Algún proceso febril esixe un tratamento delicado.
32.- Con ese pincel tan mao non vas poder pintar o bergantín que se ve nese libro.
33.- Sempre foi un amoral e un intratábel no asunto mercantil.
34.- O antigo guaraní era moi vital e sempre andaba nu.
35.- Nunca vin home máis papón e lacazán.
36.- Sempre será un heroe ocasional o que resolva a situación de perigo.
37.- Estableceu un símil moi difícil de comprender.
38.- Non me convencerás con esa razón.
39.- Tiña un oficio moi raro, andaba á caza do saltón e íao metendo nun fardel, pero el dicía que lle daba cartos.  |