Texto tomado de Galicia-Suroeste.com:

HISTORIA:

 

O tío Feliciano “O Lustres” fora  amigo e compañeiro de navegación do capitán da mariña mercante don Augusto Lustres Rivas.

 

O capitán Lustres mandaba o pailebote (paquebote) Constantino Candeira botado nos estaleiros da empresa Candeira Pérez Hnos. (Constantino e Matías Candeira Pérez) en 1915.

Momento da botadura do pailebote “Constantino Candeira” de 300 TRB no Pasaxe (Camposancos) en 1915. Foi un acontecemento “multitudinario” como ó demostran as fotografías feitas polo fotógrafo Mariano Jiménez Huete

 

Este pailebote de tres paos quedou varado no baixo “Robaliseira” do 10 ao 11 de xaneiro de 1924, en plena galerna e con fortes correntadas do río Miño. Preto dos mesmos estaleiros Castro Barcia, onde quedaron os restos do buque de pesca “Lustres”  que hoxe mencionamos.

 

O capitán Augusto Lustres Rivas foi famoso debido ó libro de poesías da autoría de don Manuel Antonio Pérez Sánchez, máis coñecido como Manuel Antonio.