8

anterior

índice

seguinte

RECALADA (Manuel Antonio, De catro a catro) chegada do barco a un punto coñecido da costa

8º poema do libro. Despois das intencións, o barco, a travesía, a contemplación, a soidade, o afogado, a garda, vén agora a parada nun porto.

...ATOPAREMOS no peirán no peirao, onde se embarca e desembarca
as follas evadidas eludidas, evitadas, perdidas
do almanaque dos nosos soños almanaque
Os soños dos mariñeiros son como follas dun calendario que se perderon e pensamos atopalos ao desembarcar no peirao

...As novas rúas de sempre moitas veces no libro repite sempre e mesmo: sensación de monotonía
exhibirán o escaparate mostrarán o trinque
das mesmas noivas inéditas inédito: sen publicar, descoñecido. mesmas+inéditas é un oxímoron ou unión de conceptos contraditorios
As prostitutas (noivas inéditas) que se mostran nas rúas do porto sempre son iguais, non rompen a monotonía

...Fumaremos nas pipas despectivas fumar en pipa é típico do mariñeiro nas horas de lecer; despectivo: que denota desprezo
tódalas transeúntes transeúnte: que está de paso nun lugar
hostilidades mudas hostilidade: actitude hostil, pouco amiga
Fumaremos e pasearemos calados e cheos de agresividade

...O vaso desbicado noutro porto desbicado: comezado, encetado
rematarémolo aquí no mesmo bar
...cabo do mariñeiro descoñecido cabo de: ao lado de
...que nos repite o mesmo de novo mesmo
ubicuo sorriso louro ubicuo: que está en todos os sitios, omnipresente
Seguiremos bebendo como en calquera porto, rodeados dos mesmos mariñeiros descoñecidos

Nos bordeis xa saben
que a nosa moeda
ten o anverso de ouro anverso: cara principal da moeda
e o reverso sentimental reverso: cara secundaria da moeda
As prostitutas xa coñecen as nosas necesidades e os nosos sentimentos

...Os ecos imprevistos os sons novos
do noso cantar somnámbulo somnánbulo: que mentres dorme é capaz de facer cousas que logo non lembra
apagarán os focos da madrugada
As nosas cancións nocturnas e somnolentas chegarán ata a madrugada, apagarán os farois da iluminación

...Mañán espertaremos
na ausencia desta xornada
...Esquivouse unha folla
do diario efusivo efusivo: afectuoso, sentimental
Cando mañá espertemos, xa todo pasou e perdemos unha folla máis do noso diario sentimental

...Eramos os espectadores
na prestidixitación prestidixitación: ilusionismo, arte de conseguir aparentes efectos inexplicábeis
dunha hora artificial.
Todo foi artificial, inventado, xogos malabares dos que eramos meros espectadores, non protagonistas.

Seguimos no ambiente nocturno do libro, agora en terra. Mais a terra non vai supoñer ningunha novidade, non rompe a monotonía xeral, a sensación de repetición e de anulación do tempo

Trazos da poética máis tradicional:
-Imaxes ligadas á realidade: almanaque.
-Suxeito poético nós.

Trazos máis vangardistas:
-Imaxes vangardistas: prestidixitación ...
-Léxico culto: ubicuo. Non hai léxico mariñeiro, está en terra.
-Ausencia de ritmo.
-Ausencia de signos de puntuación.
-A disposición gráfica: a última estrofa.

Contribúe co teu comentario ou suxestión

Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel

Véxase agora o poema de Manuel Antonio:

RECALADA

...ATOPAREMOS no peirán
as follas evadidas
do almanaque dos nosos soños

...As novas rúas de sempre
exhibirán o escaparate
das mesmas noivas inéditas

...Fumaremos nas pipas despeitivas
tódalas transeúntes
hostilidades mudas

...O vaso desbicado noutro porto
rematarémolo eiquí no mesmo bar
...cabo do mariñeiro descoñecido
...que nos repite a mesma
ubicua sorrisa loira

Nos burdeles xa saben
que a nosa moeda
ten o anverso de ouro
e o reverso sentimental

...Os ecos imprevistos
do noso cantar sonámbulo
apagarán os focos da madrugada

...Mañán despertaremos
na ausenza desta xornada
...Esquivouse unha folla
do diario efusivo

...Erámo-los espeutadores
na prestidixitación
dunha hora artificial.

Todos os poemas están perfectamente explicados por Manuel Castelao en Manoel-Antonio De catro a catro, Laiovento, 2010