7

anterior

índice

seguinte

GARDA DE 12 A 4 (Manuel Antonio, De catro a catro)

7º poema do libro. Despois das intencións, o barco, a travesía, a contemplación, a soidade, o afogado, vén agora a garda do mariñeiro no barco.

...ENVERGADA nun mastro da Lúa envergada: recollida na verga -percha especial que agarra a vela-. mastro: pao vertical do veleiro ende se sustentan a velas
...agárdanos a media noite
A media noite, o comezo da garda (as 12) está agochada na Lúa

...O sino de proa sino: a campá; proa: parte dianteira do barco; ábrese á navegación á experiencia vital
...emoveita voz astral é a conmovida voz dos astros que nos acompañan
...zarpou vogando despedidas zarpar: partir o barco; vogar: remar ou avanzar o barco
O toque da campá que marca o comezo da garda perdeuse polo mar

...Extraviáronse os pasos do Mar desorientación
...nos vieiros do vento desertor non hai vento, desaparaeceu dos camiños do mar, non se move nada
...E perdeuse pola popa popa: a parte traseira do barco
...desamarrado sen un cabo que o ate, deixando atrás
...o ronsel ronsel: a pegada que vai deixando o barco no mar
Estamos desorientados, perdidos e sós, ata o pasado nos abandonou

...Fómonos transbordando transbordar: trasladar dunha embarcación a outra
ao cabotaxe das constelacións cabotaxe: navegación seguindo a costa. Navegando á par das estrelas
...Inventores de pseudocontinentes viaxe polo universo; vida inventada (pseudo)
que imos descubrir
.........esculcamos as rutas investigamos as rutas
balizadas de lucieros que nos van marcando as balizas -boia, sinal-, as luces dos astros

.........Cun faro na man co faro da costa
cronometramos o pulso das tormentas contamos o tempo das tormentas
que predín os semáforos astrais sinaladas polas luces dos astros
......-Prepárase un naufraxio o naufraxio, o fracaso
......coa ausencia cómplice do Sol! ambiente nocturno, escuridade, soidade
.................................Vente ventiño do Mar
.................................vente ventiño mareiro
.................................Vente ventiño do Mar
.................................vente noso compañeiro
......................................................(popular)

....E as horas a sotavento sotavento: lado do barco oposto a onde sopra o vento
van desviándose de nós o tempo pasa, déixanos sós

....A alba intrusa de pronto chega a madrugada
bateu as catro horas son as catro, acabou a garda
....Era o sino de proa escoitamos outra vez o toque da campá de proa
que tornaba do Mar como se nolo devolvese o mar que antes o levou

..............................a voz desarbolada desarbolado: cos paos e vergas desarmados, arrombados
..............................o velame frustrado frustración, desengano
Colocación á dereita para resaltar a idea

Estrutura superficial: garda nocturna, o tempo empeora e chega a tormenta, remata en naufraxio.
A garda tampouco aporta ilusións. A noite, a soidade, o paso do tempo nunha viaxe polo universo marcan a garda que remata coa sensación de frustración e desengano.

Trazos da poética máis tradicional:
-Imaxes ligadas á realidade: sino de proa.
-Restos de rima: astral-mar.
-Suxeito poético nós.

Trazos máis vangardistas:
-Imaxes vangardistas: fómonos transbordando...
-Léxico extrapoético mariñeiro: envergada, mastro, zarpar, vogar, popa, proa, ronsel, cabotaxe... . E culto: semáforo, astrais, pseudo.
-Ausencia de ritmo.
-Ausencia de signos de puntuación.
-A disposición gráfica: a última estrofa.
-Introdución dunha cantiga popular.
-Introdución de diálogo, marcado cun trazo

Contribúe co teu comentario ou suxestión

Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel

Véxase agora o poema de Manuel Antonio:

GUARDA DE 12 A 4

......ENVERGADA nun mastro da Lúa
......agárdanos a media noite

......O sino de proa
......emoveita voz astral
......zarpou vogando despedidas

......Extraviáronse os pasos do Mar
...nos vieiros do vento desertor
......E perdeuse pola popa
......desamarrado
......o ronsel

......Fómonos trasbordando
...ao cabotaxe das constelacións
......Inventores de pseudocontinentes
...que imos a descobrir
......esculcámo-las roitas
...balizadas de locieros

.........Cun faro na man
...cronometramos o pulso das tormentas
...que predín os semáforos astraes
.........-Prepárase un naufraxo
..........ca ausenza cómplice do Sol!
.................................Vente ventiño do Mar
.................................vente ventiño mareiro
.................................Vente ventiño do Mar
.................................vente noso compañeiro
......................................................(popular)

......E as horas a sotavento
...van desviándose de nós

......A alba intrusa
...bateu as catro horas
......Era o sino de proa
...que tornaba do Mar

..............................a voz desarbolada
..............................o velamio frustrado

Todos os poemas están perfectamente explicados por Manuel Castelao en Manoel-Antonio De catro a catro, Laiovento, 2010