6

anterior

índice

seguinte

... AO AFOGADO (Manuel Antonio, De catro a catro) -publicado en 1916 como: Ao mariñeiro afogado-

6º poema do libro. Despois das intencións, o barco, a travesía, a contemplación, a soidade, vén agora o mariñeiro afogado. Utilizando o ti apelativo o poeta dialoga co afogado (desdobramento de si mesmo) e vaille enumerando as perdas que a morte conleva.

...XA CHE levaran os ollos
...relingadores de lonxanías relinga: corda en que van colocadas as cortizas e chumbos na rede de pesca
e pescadores de profundidades
A perda da vista, dos ollos que miran ao lonxe e ao fondo (lonxanías e profundidades)

...Xa che levaran a voz
...asolagada na furna xiróvaga a voz perdeuse na cova que xira como un remuíño
por onde escoan as tempestades na que escorren, esvaran as tempestades
Tamén se perdeu a fala, a súa voz como se a levase un remuíño nunha furna

...Xa che levaran os azos a forza, os ánimos, os alentos
...enmallados na rede sonora enmarañados na rede sonora porque zoa o vento
das cordaxes erectas nos cabos e cordas estirados
Tampouco queda a vida, os ánimos, a forza

...O vento aínda escovaba escovar: cepillar
coas poutas de escuma poutas: uñas curvas e afiadas das aves de rapina
...na xerfa xerfa: superficie escumosa do mar próxima á costa, orixinada polo bater das ondas
..............máis cadaleitos cadaleitos
O vento tampouco é vida, está asociado á morte, angaza cadáveres no mar. É unha imaxe de lecura múltiple ou polipétala (vangardas)

...Ías xuntando soidades a continua soidade
...por un burato do Mar o Mar sempre con maiúscula
chopaches un día a buscarte chopar: mergullarse, somerxerse
Anegado pola soidade tentache atoparte a ti mesmo mergullándote no mar ata a morte, o suicidio

...A noiva goleta goleta: veleiro lixeiro con dous ou tres mastros
...enloitada de branco contradición: a vela branca da noiva, agora de loito polo morto, o barco é a noiva do afogado
...que cose con rutas esquencidas de novo a imaxe do barco que vai cosendo no mar ao navegar, deixando o fío, o ronsel
...acena no vento as súas velas acenar: facer sinais
como ese pano das despedidas. o pano branco utilizábase nas despedidas, agora as velas brancas despiden ao afogado

As tres primeiras estrofas son paralelísticas e anafóricas, tres imaxes nas que se nega a vida e o espazo. a soidade non deixa máis remedio que a morte o suicidio, o vento non trae máis que cadáveres que son despedidos polas velas-noivas enloitadas. É o único poema no que non aparece o nós poético

Trazos da poética máis tradicional:
-Imaxes ligadas á realidade: goleta, vela .
-Restos de rima: goleta-velas... esquencidas-despedidas
-Anáfora nas primeiras estrofas: xa che levaran
-Certo ritmo nas estrofas anafóricas

Trazos máis vangardistas:
-Imaxes vangardistas, imaxes polipétalas
-Léxico extrapoético mariñeiro: relingadores, cordaxes, escovar, xerfa, chopar. E culto: xiróvagas
-Ausencia de ritmo, prosaico na segunda parte do poema..
-Ausencia de signos de puntuación.
-A disposición gráfica: máis dadaleitos, rompendo o ritmo.

Contribúe co teu comentario ou suxestión

Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel

Véxase agora o poema de Manuel Antonio:

... AO AFOGADO

...XA CHE levaran os ollos
...relingadores de lonxanías
e pescadores de profondidades

...Xa che levaran a voz
...asolagada na furna xiróvaga
por onde escoan as tempestades

...Xa che levaran os azos
...enmallados na rede sonora
dos cordaxes ereutos

...O vento aínda escovaba
cas poutas de escuma
...na xerfa
..............máis cadaleitos

...Ibas xuntando soedades
...por un burato do Mar
chopaches un día a buscarte

...A noiva goleta
...enloitada de branco
...que cose con roitas esquencidas
...acena no vento as súas velas
como ese pano das despedidas.

Todos os poemas están perfectamente explicados por Manuel Castelao en Manoel-Antonio De catro a catro, Laiovento, 2010