5

anterior

índice

seguinte

SOS (Manuel Antonio, De catro a catro): o título xa nos indica o argumento, a trama do poema. Todo o texto é como unha longa presentacións de diapositivas de fondo marítimo e dedicadas á soidade

5º poema do libro. Despois das intencións, o barco, a travesía, a contemplación, vén o poema da soidade. Un dos grandes poemas da literatura galega, á par de Negra sombra.
Tempos en presente para expresar a soidade actual e en pasado para as continuas perdas.

...FOMOS ficando sos
o Mar o barco e mais nós
A progresiva soidade do poeta, só o acompaña o Mar (en maiúsculas) e o barco, os símbolos principais do libro. O poeta parte na travesía e só ten a compañía destes dous elementos, a terra queda lonxe

...Roubánronnos o Sol o Sol é a luz, a vida, e xa non o temos, é a primeira perda
...O paquebote esmaltado como se fose un barco brillante; paquebote: barco que fai o servizo de correo e pasaxeiros
que cosía con liñas de fume que vai deixando polo mar liñas de fume. No libro repítese a imaxe de coser con
áxiles cadros sen marco facendo debuxos pola inmensidade do mar
Ambiente nocturno, non hai luz solar

...Roubáronnos o vento o vento é o que move o barco veleiro, é o movemento, o alento; a segunda perda.
...Aquel veleiro que se evadiu é como un veleiro que se perdeu
pola corda frouxa do horizonte polo fráxil horizonte. Versos homenaxeados polo Colectivo Ronseltz
Quietude, non hai movemento do barco veleiro pola ausencia de vento

...Este océano desatracou das costas o océano abandonou as costas, a terra queda lonxe, abandonounos, a 3ª perda
...e os ventos da Roseta Roseta: outro dos nomes da Rosa dos Ventos que é constituída por 4 Puntos Cardeais, 4 Puntos Colaterais, Puntos Sub-Colaterais, ata 32 puntos correspondente á dirección dos ventos, era a guía dos mariñeiros na travesía
orientáronse ao esquenzo estamos perdidos e desorientados. Esquenzo: esquecemento (neoloxismo)
...As nosas soedades a soidade é irremediábel e
veñen de tan lonxe completa
como as horas do reloxo como a monotonía do tempo, as horas que non pasan, o tempo que non avanza
...Pero tamén sabemos a manobra coñecemos a manobra
dos navíos que fondean que botan a áncora para quedaren parados; fondear. Polo que están parados, sen movemento
a sotavento dunha singradura sotavento: lado contrario a onde sopra o vento. singradura: camiño que percorre a nave. Sen vento e parados
...No cuadrante estantío das estrelas na disposición estática das estrelas; cuadrante. No ambiente nocturno só se ven as estrelas queitas
ficou parada esta hora: o tempo quedou parado
...O cadáver do Mar a idea de morte asociada ao mar: eu+barco+morte
fixo do barco un cadaleito o barco coma un cadaleito que leva dentro a morte e o poeta

.....Fume de pipa......... Saudade o fume da pipa asociado á quietude, ao descanso
.....Noite...... Silencio.... Frío as sensacións do poeta na navegación
.....E ficamos nós sos a soidade total
.....Sen o Mar e sen o barco xa non acompañan os elementos iniciais do poema
.....nós. a soidade é absoluta, unicamente o poeta consigo mesmo
xustaposición de imaxes, elimínanse os verbos e a economía verbal aporta unha grande carga expresiva

Longa enumeración de abandonos desde as primeiras referencias paisaxísticas, expresión sintética que reforzan a idea de soidade absoluta.

Poema cantado por Emilio Cao

Trazos da poética máis tradicional:
-Presenza do suxeito poético nós: fomos, nós, etc.
-Imaxes ligadas á realidade: sol, vento.
-Restos de rima: sós-nós-sol.. lonxe-reloxe
-Anáfora nas primeiras estrofas: roubáronnos
-Certo ritmo nas estrofas anafóricas

Trazos máis vangardistas:
-Imaxes vangardistas, xustaposición de imaxes
-Léxico extrapoético mariñeiro: paquebote, Roseta, fondean, cuadrante .
-Ausencia de ritmo, prosaico na segunda parte do poema.
-Ausencia de signos de puntuación.
-A disposición gráfica na estrofa final.

Contribúe co teu comentario ou suxestión

Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel

Véxase agora o poema de Manuel Antonio:

SOS

...FOMOS ficando sos
o Mar o barco e mais nós

...Roubánronnos o Sol
...O paquebote esmaltado
que cosía con liñas de fume
áxiles cadros sin marco

...Roubáronnos o vento
...Aquel veleiro que se evadeu
pola corda floxa do horizonte

...Este oucéano desatracou das costas
...e os ventos da Roseta
ourentáronse ao esquenzo
...As nosas soedades
veñen de tan lonxe
como as horas do reloxe
...Pero tamén sabemos a maniobra
dos navíos que fondean
a sotavento dunha singladura
...No cuadrante estantío das estrelas
ficou parada esta hora:
...O cadavre do Mar
fixo do barco un cadaleito

.....Fume de pipa......... Saudade
.....Noite...... Silenzo.... Frío
.....E ficamos nós sós
.....Sin o Mar e sin o barco
.....nós.

 

Todos os poemas están perfectamente explicados por Manuel Castelao en Manoel-Antonio De catro a catro, Laiovento, 2010