3

anterior

índice

seguinte

TRAVESÍA (Manuel Antonio, De catro a catro): viaxe marítima

3º poema de De catro a catro. Despois das intencións e do veleiro, a protagonista é a travesía, a viaxe marítima do poeta. Esta travesía vaise identificar coa propia vida del.

...TROQUEIS reiterados troqueis: cuños para marcar as moedas; repetidos
...o reloxo e o Sol os dous marcan o paso do tempo na travesía

acuñaron moedas efémeras son como dúas moedas; efémeras: que duran moi pouco
que repetían todas
a mesma cara e a mesma cruz monotonía, sempre son iguais non hai novidade. No pemario repítese continuamente a palabra mesmo/a para reforzar esa idea de que non hai nada novo
Todos os días son iguais, nada varía.

...A costa e o Mar o Mar, sempre con maiúscula por ser o protagonista da travesía.
escamotearon unánimes dorsos escamotear: roubar, eludir. Dorso: parte posterior do curpo humano
...permutadores da mesma intercambiadores. Outra vez mesma
lonxincua evasión lonxincua: afastada
O Mar, a costa son sempre o mesmo e róubannos a posibilidade de evadirnos

...Temos un estrangulado diagrama diagrama representación gráfica dunha serie de datos, estatísticas, etc. Navegación caótica: estrangulado
repasado por tódolos novelos de horizonte o horizonte é coma un novelo de fío que se vai envolvendo
que viraron a proa e a Rosa dos Ventos proa: parte dianteira do barco. A Rosa dos Ventos é constituída por 4 Puntos Cardeais, 4 Puntos Colaterais, Puntos Sub-Colaterais, ata 32 puntos correspondente á dirección dos ventos, era a guía dos mariñeiros na travesía

...Na fasquía dos barcos anónimos fasquía: traza, aspecto. No aspecto dos barcos sen nome
postos a flote pola madrugada que reaparecen coa luz do día que ilumina as velas
...extraviados no roteiro do serán e desapareceran ao serán coa falta de luz. Roteiro: itinerario marítimo
...persistiron sempre
a mesma foula e o mesmo ronsel foula: escuma que levanta o barco pola proa ao navegar. Ronsel: a pegada de escuma que vai deixando o barco no mar
persistir, sempre, mesma, mesmo: monotonía, estatismo, nada cambia

...Ese intertroque de radiogramas o intercambio de mensaxes de radiotelegrafía, de radiogramas
que reeditaron os faros e as estrelas entre as luces dos faros e das estrelas
...dounos a multiplicación monótona non aporta nada novo, sempre monótono e igual
das mesmas letras do mesmo morse . Morse: código usado nas mensaxes de telegrafía. Nova repetición de mesmo; estatismo

...Foi a derradeira rafada do vento foi o vento
quen nos esfollou de tódalas lembranzas? quen nos levou o noso pasado, quedamos sen lembranzas

...O Mundo
...............que xa non sabe
mais que repetir unha volta consabida o mundo segue a dar volta tras volta, sempre igual
...rachou clandestinamente xa non temos ilusións
as follas imprevistas dos almanaques almanaques do que nos pode deparar o futuro

...Coas nosas mans suicidas referencia negativa, o suicidio, a falta de norte
...espallaremos no carroussel dos ventos carroussel; deixarémonos levar polo vento
os catro puntos cardinais en calquera dirección
...Mentres
..............o timonel timonel
arrombará proa a Ningures ... dirixirá o barco cara ningunha parte; estamos perdidos

Repetiremos os cansos corazóns repetidamente os nosos corazóns están cansos
cronometrando monotonías non fan máis que contar o tempo que non pasa, a monotonía
...Nas velas indecisas personificación das velas que non se moven
...follea o vento un indelébel indelébel: que non se pode borrar ou apagar
álbum de leit-motivs expresión alemá que significa motivo central, idea que se repite nunha obra. O vento vai movendo as follas dun álbum no que quedaron gravados os motivos, os sentimentos

...O minuteiro o reloxo, o tempo real
....................(tic-tac) co seu monótono e continuo tic tac
asumiu o compás das travesías. faise o dono da viaxe, das vivencias no interior do poeta

Poema rematado por un pretérito -asumiu- para pór un final absoluto á idea de tedio, aburrimento. Desde o principio hai un xogo de tempos: preseste, pasado e futuro; toda a travesía.

Trazos da poética máis tradicional:
-Presenza do suxeito poético nós: temos, dounos, etc.
-Imaxes ligadas á realidade: reloxo, sol.
Trazos máis vangardistas:
-Imaxes vangardistas, xustaposición de imaxes
-Léxico extrapoético. Léxico mariñeiro: Rosa dos Ventos, foula, arrombar proa. Léxico culto: dorso, lonxincua . Léxico técnico: diagrama, radiograma. Estranxeirismos: carroussel, leit-motiv
-Ausencia de ritmo, prosaico.
-Ausencia de signos de puntuación.
-Disposición gráfica: colocación dos versos: o timonel.
- Onomatopeas como: tic, tac
Contribúe co teu comentario ou suxestión

Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel

Véxase agora o poema de Manuel Antonio:

TRAVESÍA

...TROQUELES reiterados
...o reloxe e o Sol
alcuñaron moedas efímeras
que repetían todas
a mesma cara e a mesma cruz

...A costa e o Mar
escamotearon unánimes dorsos
...permutadores da mesma
lonxincua evasión

...Temos un estrangoado diagrama
repasado por tódolos novelos de horizonte
que viraron a proa e a Rosa dos Ventos

...Na fasquía dos barcos anónimos
postos a flote pola madrugada
...extraviados no roteiro do serán
...persistiron sempre
a mesma foula e o mesmo ronsel

...Ese intertroque de radiogramas
...que.reeditaron os faros e as estrelas
...
dounos a multiplicación monótona
das mesmas letras do mesmo morse

...Foi a derradeira rafega do vento
quen nos desfollou de tódalas lembranzas?

...O Mundo
...............que xa non sabe
mais que repetir unha volta consabida
...rachou clandestinamente
as follas imprevistas dos almanaques

...Cas nosas mans suicidas
...espallaremos no carroussel dos ventos
os catro puntos cardinais
...Mentras
..............o timoel
arrumbará proa a Ningures

...Repetirémolos cansos corazóns
cronometrando monotonías
...Nas velas indecisas
...follea o vento un indelébel
álbum de leit-motiws

...O minuteiro
....................(tic-tac)
asumeu o compás das travesías.

 

Todos os poemas están perfectamente explicados por Manuel Castelao en Manoel-Antonio De catro a catro, Laiovento, 2010