2

anterior

índice

seguinte

A FRAGATA VELLA (Manuel Antonio, De catro a catro) fragata: barco de tres paos con vergas (horizontais, que amarran a vela)

No segundo poema o protagonista é o barco veleiro que vai acompañar o poeta na travesía. Por iso se dirixe a el cun ti apelativo: tes, levas, floreceches. Pero xa é un barco vello, o tempo que pasa, por iso os vellos mariñeiros. Nel está todo o pasado, é onde navegan os seus sentimentos.

...TES OS ollos distantes a mirada lonxe
decorados de rostros xoviais están lonxe os tempos mozos
...que os vellos mariñeiros agora vellos mariñeiros
permutaron polos climas antípodas que viaxaron polo mundo. Antípodas: partes opostas do globo terráqueo

...Levas no leme leme a dirección marcada
un pulo de brazos tensos a forza dos brazos rexos
que retorceron os largacíos que te levaron polos estensos (largacíos)
horizontes do mar

...O vento
..............atortorando dando unha ligada ou tortor coa axuda da máquina do mesmo nome. tortor: cada un dos cabos con que se ligan os navíos
...esfollou dos velames o vento arrincou das velas do barco
outonos de mocidades a mocidade, o tempo pasa cara ao outono

...Mercabas colares circunmeridianos imaxe vangardista na que xoga coas constelacións: colares envolventes como os meridianos
nos bazares de estrelas viaxes nocturnas, seguindo o rumbo marcado polas estrelas; bazar
...Amarrabas faros dispersos
co simblador calabrote do ronsel simblador: que vibra. Calabrote: cabo formado por cordas do mesmo grosor; ronsel: o rastro que vai deixando o barco no mar
O ronsel (rastro) do barco vai unindo as luces dos faros que van aparecendo, é como se a saudade (o que queda) fose tamén unindo o tempo.

...Floreciches no mar a escuma do barco é branca coma as flores de primavera
Primaveras amargas contradición: o pasado tamén amargo, negativo
de foulas e escamallos foula: a escuma que ergue o barco ao avanzar + restos de escamas, peixe, etc. (escamallos)

...Inda que o vento encalme aínda que estea a mar en calma
tremela nas túas velas tremen nas túas velas
unha rafada de transmigracións as travesías do barco. Transmigración: paso dun país a outro, dun corpo a outro
Aínda que semella estar en calma, dentro está o pasado. Comezan as referencias ao estatismo, tan abundantes no libro

...Nese teu corazón innumerábel
...tamén enchen e devalan subir e baixar a marea
as mareas do meu corazón. as mareas moven o barco, os sentimentos, o corazón
Nesta última estrofa é clara a identificación do poeta (o teu e o meu corazón) co barco

Trazos da poética máis tradicional:
-Presenza do suxeito poético eu. No final.
-Vestixios de rima: mariñeiros, tensos, vento // atortorando, velamios, mocedades .
-Imaxes ligadas á realidade: os faros.
Trazos máis vangardistas:
-Imaxes vangardistas
-Léxico extrapoético. Léxico mariñeiro: leme, atortorando, calabrote, foula, escamallo . Léxico culto: antípodas, circunmeridiáns, transmigracións .
-Ausencia de ritmo, prosaico.
-Ausencia de signos de puntuación.
-Disposición gráfica, colocación dos versos: atortorando.
Contribúe co teu comentario ou suxestión

Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel

Véxase agora o poema de Manuel antonio:

A FRAGATA VELLA

...TE-LOS ollos distantes
decorados de rostos xoviaes
...que os vellos mariñeiros
permutaron polos climas antípodas

...Levas no leme
un pulo de brazos tensos
que retorceron os largacíos
horizontes do mar

...O vento
..............atortorando
...desfollou dos velamios
outonos de mocedades

...Mercabas colares circunmeridiáns
nos bazares de estrelas
...Amarrabas faros dispersos
co simblador calabrote do ronsel

...Floreceches no mar
primaveiras amargas
de foulas e escamallos

...Inda que o vento encalme
tremela nas túas velas
unha rafega de transmigracións

...Nese teu corazón innumerábel
...tamén enchen e devalan
as mareas do meu corazón.

Todos os poemas están perfectamente explicados por Manuel Castelao en Manoel-Antonio De catro a catro, Laiovento, 2010