19

anterior

índice

inicio

ADEUS (Manuel Antonio, De catro a catro) despedida

19º poema do libro e último. Despois das intencións, o barco, a travesía, a contemplación, a soidade, o afogado, a garda, o peirao, o bar, a balada, o cartafol do vento, a canción, a estrela, a calma, a descuberta, o lecer, o SOS, a outra cara da noite, vén finalmente o adeus, o final da travesía.

No final da travesía o poeta chega a terrra, mira para a baía e bota de menos o veleiro. Despídese del

...ENTRE a calima calima: brétema, néboa
...........................transpondo o meu ollar ocultándoseme á vista
...esquivouse o velame perdeuse o veleiro
...Deixounos a baía
chea da súa ausencia deixounos o seu baleiro, botámolo en falta
e a mañá sen perspectiva a mañá sen ilusións. Xa non é de noite como no resto do poemario

...Agora en terra xa está en terra
...arredado de min mesmo desdobrado e afastado de si mesmo
por un océano de singraduras singradura: a travesía do barco
...o vento da Ría agora é o vento da Ría, non do Mar, o impulso vital da terra
vai virando a folla de cada emoción o que vai movendo as emocións

...-O Sol indiferente
...Serea augardentosa dos vapores vapores: barcos a vapor.
...Un retraio de fume un resto de fume de barco
no rompeolas da paisaxe no quebra ondas
...As engrenaxes da grúa engrenaxe: conxunto de pezas mecánicas con rodas dentadas; grúa: guindastre
esmoen a mañán morna- a mañá despois da travesía
Diferentes imaxes do porto, da terra: o Sol como serea bébeda dos barcos, un resto de fume, os guindastres

...Debaixo dos meus pasos
xorde o ronsel da Vila natal antes tentaba salvalo o barco, agora é a terra, a vila natal; ronsel: o rastro que vai deixando o barco no mar
...Ela cos seus brazos cheos de sono como se o collese no colo
teima salvarme dun naufraxo antigo e tentase salvalo dese fracaso antigo, que vén de vello
...E os meus ouvidos incautos incautos: inxenuos, imprudentes
queren dormir no colo e os seus oídos queren escoitar as cantigas de tempos pasados
das cantigas vellas para procurar consolo

...Eu cacheaba tódolos segredos
das miñas mans baleiras buscaba nas miñas mans, agora baleiras, sen nada
...porque algo foi que se perdeu no Mar todo aquilo se se quedou no Mar, na travesía

...... alguén que chora dentro de min
por aquel outro eu desdobramento, o eu presente e o eu que quedou no barco, no veleiro
que se vai no veleiro
...........................pra sempre que xa non volverá nunca, como se estivese morto
...........................coma un morto
co peso eterno de tódolos adeuses. a continua despededida ao longo do libro

Non hai un regreso definitivo, hai un eterno retorno, unha peregrinación inacabábel, sempre un está a chegar e outro a partir.

Poema cantado por Emilio Cao

Trazos da poética máis tradicional:
-Presenza do suxeito poético nós/eu.
-Vestixios de rima: badía-perspeitiva-Ría.
-Imaxes ligadas á realidade: grúas.
Trazos máis vangardistas:
-Imaxes: serea augardentosa.
-Léxico mariñeiro: velame, singradura, rompeolas, ronsel.
-Ausencia de ritmo, prosaico.
-Ausencia de signos de puntuación.
-Disposición gráfica: pra sempre.
Contribúe co teu comentario ou suxestión

Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel

Véxase agora o poema:

ADEUS

...ANTRE a calima
...........................traspondo o meu ollar
...esquivouse o velamio
...Deixounos a badía
chea da súa ausenza
e a mañán sen perspeitiva

...Agora en terra
...arredado de min mesmo
por un oucéano de singladuras
...o vento da Ría
vai virando a folla de cada emoción

...-O Sol indiferente
...Sirena augardentosa dos vapores
...Un retraio de fume
no rompeolas da paisaxe
...Os engranaxes da grúa
esmoen a mañán morna-

...Debaixo dos meus pasos
xurde o ronsel da Vila natal
...Ela cos seus brazos cheos de sono
teima salvarme dun naufraxo antigo
...E os meus ouvidos incautos
queren dormir no colo
das cantigas vellas

...Eu cacheaba tódolos segredos
das miñas mans baleiras
...porque algo foi que se perdeu no Mar

...... alguén que chora dentro de min
por aquel outro eu
que se vai no veleiro
...........................pra sempre
...........................coma un morto
co peso eterno de tódolos adeuses.

Todos os poemas están perfectamente explicados por Manuel Castelao en Manoel-Antonio De catro a catro, Laiovento, 2010