18

anterior

índice

seguinte

AO REVERSO DA NOITE (Manuel Antonio, De catro a catro) reverso: a cara oposta á principal nunha moeda

18º poema do libro e penúltimo. Despois das intencións, o barco, a travesía, a contemplación, a soidade, o afogado, a garda, o peirao, o bar, a balada, o cartafol do vento, a canción, a estrela, a calma, a descuberta, o lecer, o SOS, vén agora a outra cara da noite.

A outra cara da noite. Ausencia de movemento e negativismo total. Chegada do novo día e fin da travesía

...LUCEIROS degolados degolados: decapitados, co pescozo cortado
desángranse de ouro no Mar luces marelas
imaxe visual, pictórica, as luces astrais reflíctense no mar de noite

De par de nós ao noso lado
.....................a Lúa
fai ronseis infecundos ronsel: o rastro que vai deixando o barco no mar; infecundos: improdutivos, estériles
tamén a lúa vai deixando o seu rastro improdutivo

...Mentres sonea a mareta mentres dormita a mareta: movemento das ondas menos vilolento que a marusía
vai folleando no libro das velas as velas como follas dun libro
podemos entender que é a lúa a que follea no libro das velas mentres sonea a mareta

...Irredentos velames exhaustos irredentos: sen redimir, presos; exhaustos: sen forzas, cansos
resignados a pendurar da cruz teñen que conformarse con colgar da cruz que forman os mastros coas vergas das que colgan as velas

...Estrelas inconscientes
mecanizan o obseso tic-tac o tempo marcado polo reloxo faise obsesivo e está reflectido nas estrelas

A auga toda dos océanos
ensumiuse nunha bágoa unha bágoa recolle todos os mares
este sentimentalismo non é normal nas vangardas

...E o pano branco do novo día chegará o novo día, a luz branca
enxugará os ollos do ceo. limpará, aclarará o horizonte
Xa chegou o novo día. Proceso morrer-renacer, a noite e o día

Trazos da poética máis tradicional:
-Presenza do suxeito poético nós: de par de nós .
-Imaxes ligadas á realidade: a lúa, o mar.
Trazos máis vangardistas:
-As imaxes.
-Léxico extrapoético. Léxico mariñeiro: mareta. Léxico culto: infecundos.
-Ausencia de ritmo, prosaico.
-Ausencia de signos de puntuación.
-Disposición gráfica: a Lúa.
Contribúe co teu comentario ou suxestión

Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel

Véxase agora o poema:

AO REVERSO DA NOITE

...LOCEIROS degolados
desángranse de ouro no Mar

De par de nós
.....................a Lúa
fai ronseles infecundos

...Mentras sonea a mareta
vai folleando no libro das velas

...Irredentos velamios exhaustos
resiñados a pendurar da cruz

...Estrelas inconscentes
mecanizan o ouseso tic-tac

A auga toda dos oucéanos
ensumeuse nunha bágoa

...E o pano branco do novo día
enxugará os ollos do ceo.

Todos os poemas están perfectamente explicados por Manuel Castelao en Manoel-Antonio De catro a catro, Laiovento, 2010