17

anterior

índice

seguinte

S.O.S. (Manuel Antonio, De catro a catro)

...---... é o sinal de socorro ou SOS en morse. Foi adoptado como sinal internacional en 1906 e utilizado internacionalmente en 1914, xa o utilizaron como último recurso no afundimento do Titanic. A orixe de SOS como save our souls (salvemos as nosas almas) non é real.

17º poema do libro. Despois das intencións, o barco, a travesía, a contemplación, a soidade, o afogado, a garda, o peirao, o bar, a balada, o cartafol do vento, a canción, a estrela, a calma, a descuberta, o lecer, vén agora o SOS.

...TODOS presentiamos que a noite
preparaba algún sofisma sofisma: argumento con aparencia de verdadeiro mais que resulta falso
...E o faro extraviado un faro perdido emitía sinais
daba o S-O-S
no morse morse
............-clave Orión- Orión é unha constelación
..............................das estrelas
Ambiente nocturno. O faro e as estrelas (oa únicos elementos visibles) emiten mensaxes de socorro

...Eses brazos abertos da vela a vela ábrese ao vento
son os mesmo do vento
que se espreguizou algo de vento, o vento tira a preguiza, móvese
...Na man do Mar esquencidizo personalización do Mar
os luceiros peteiran a bicada as luces dos astros que se reflicten; bicada: comida que as aves levan no peteiro para as crías
...A estrela dos cabarets atrevida imaxe humorística; a estrela coa súa luz é como o cigarro da actriz dun cabaret
...cun cigarro nos beizos
...pide lume aos catro puntos cardinais que pide lume aos 4 puntos cardinais, ao horizonte
...Pola Galaxia chea de seixos pola galaxia chea de puntos brancos coma seixos ou pedras (as estrelas)
un astro vello vai co seu farol vai a lúa

...Que dan os almanaques almanaques
para esta meia-noite? que ilusións podemos atopar para esta media noite?
...Pero aínda non sabemos
de que banda vai chegar a meia-noite mais estamos desorientados
...E o faro extraviado como o faro perdido
vai esgotar o seu stok de S-O-S que se vai cansar de mandar sinais de auxilio

O engano da noite, parece que hai unha ilusión, hai algo de vento, hai luces dos astros; mais coma sempre estamos perdidos e desorientados

Poema cantado por Emilio Cao

Trazos da poética máis tradicional:
-Imaxes ligadas á realidade: estrelas.
-Suxeito poético nós: presentiaamos.
-Restos de rima: SOS-Orión-espreguizou-farol.

Trazos máis vangardistas:
-As imaxes: cabarets.
-Ausencia de puntuación.
-Ausencia de ritmo.
-Léxico Tecnico: Orión, sofisma. Estranxeirismos: stock
-Disposición tipográfica: das estrelas .
-Humor: a estrela dos cabarets.
-Incisos: guións.
-Siglas: SOS

Contribúe co teu comentario ou suxestión

Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel

Véxase agora o poema:

S.O.S.

...TODOS presentíamos que a noite
preparaba algún sofisma
...E o faro extraviado
daba o S-O-S
no morse
............-clave Orión-
..............................das estrelas

...Eses brazos abertos da vela
son os mesmo do vento
que se despreguizou
...Na man do Mar esquencidizo
os loceiros peteiran a bicada
...A estrela dos cabarets
...cun cigarro nos beizos
...pide lume aos catro puntos cardinaes
...Pola Galaxia chea de seixos
un astro vello vai co seu farol

...Que dan os almanaques
para esta meia-noite?
...Pero aínda non sabemos
de que banda vai chegar a meia-noite
...E o faro extraviado
vai esgotar o seu stok de S-O-S

Todos os poemas están perfectamente explicados por Manuel Castelao en Manoel-Antonio De catro a catro, Laiovento, 2010