a

anterior

índice

seguinte

LECER (Manuel Antonio, De catro a catro) tempo de descanso

16º poema do libro. Despois das intencións, o barco, a travesía, a contemplación, a soidade, o afogado, a garda, o peirao, o bar, a balada, o cartafol do vento, a canción, a estrela, a calma, a descuberta, vén agora o lecer.

O lecer é unha pausa da que non se dá saído

...GAIVOTAS que levan no peteiro a imaxe do paxaro que porta no bico unha carta
as cartas dos mariñeiros namorados aprovéitase para escribir as cartas de amor
...Vapores burgueses vapor: barco a vapor que deixa un ronsel de fume
que nos ofrecen o remborque do seu fume e pasa rápido; remborque: ronsel de fume que deixa o barco
...Pero as nosas velas encalmadas mais as velas do veleiro están en calma
espantan a bandazos personificación das velas
as horas como moscas non pasa o tempo

...Vigo está tan lonxe o único topónimo no libro, estamos lonxe da terra, da casa
que se desorientaron as cartas mariñas sensación de desorientación

......Unha pipa máis o fumar en pipa é propio do mariñeiro cando descansa
........................de vagar tempo lento
...deica ver a hora que dá o reloxo tempo que non pasa
...Entra unha fría de vento? un refacho de vento é o único suceso
.................................-Moi ben! ironía

...Enrolarase a pausa tempo detido
nas súas espirais
...E non sabemos
...(abonda xa de paréntesis) humorismo
engadirnos outra volta
a todo eso que se nos esqueceu.

Estatismo e quietude total.

Poema cantado por Emilio Cao

Trazos da poética máis tradicional:
-Imaxes ligadas á realidade: gaivotas, vapores.
-Suxeito poético nós: nos ofrecen.

Trazos máis vangardistas:
-As imaxes: as horas como moscas .
-Ausencia de puntuación.
-Ausencia de ritmo.
-Disposición tipográfica: de vagar.
-Humor: parénteses.

Contribúe co teu comentario ou suxestión

Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel

Véxase agora o poema:

LECER

...GAVOTAS que levan no peteiro
as cartas dos mariñeiros namorados
...Vapores burgueses
que nos ofrecen o remborque do seu fume
...Pero as nosas velas encalmadas
espantan a bandazos
as horas como moscas

...Vigo está tan lonxe
que se desourentaron as cartas mariñas

......Unha pipa máis
........................de vagar
...deica ver a hora que dá o reloxe
...Entra unha fría de vento?
.................................-Moi ben!

...Enrolarase a pausa
nas súas espirais
...E non sabemos
...(abonda xa de paréntesis)
engadirnos outra volta
a todo eso que se nos esqueceu.

Todos os poemas están perfectamente explicados por Manuel Castelao en Manoel-Antonio De catro a catro, Laiovento, 2010