anterior

índice

seguinte

DESCUBERTA (Manuel Antonio, De catro a catro)

15º poema do libro. Despois das intencións, o barco, a travesía, a contemplación, a soidade, o afogado, a garda, o peirao, o bar, a balada, o cartafol do vento, a canción, a estrela, a calma, vén agora a descuberta.

Poema descritivo no que predominan os termos referentes a sensacións visuais.

...QUEN fechou esta noite o mar (sempre en maiúsculas) pechado
a fiestra azul do Mar? pregunta retórica, sen resposta = desacougo e dúbida
...Este Mar fuxitivo
de tódalas ribeiras Mar incomunicado, afastado da terra
...Náufrago do neboeiro
que desviou o rumbo
dos puntos cardinais desorientación, afastamento do ser, que é un náufrago nocturno na travesía da vida

...Ficaron as gaivotas de novo a sensación afastamento e perda como as gaivotas desparecidas
tres singraduras a sotavento singradura: a travesía do barco; sotavento: lado contrario a onde sopra o vento
...Desorientáronse os arroaces arroaz: mamífero cetáceo mariño, golfiño, coñecido pola súa faciliade de orientación
...intrusos e impunes impune: que queda sen castigo
Desorientación completa, soidade total

...Hoxe ninguén dá coa relinga relinga: corda en que van colocadas as cortizas e chumbos na rede de pesca
para aferrar panos do horizonte aferrar os panos: amarrar as velas. Hoxe non hai ilusións.
...E este serán tampouco
engaiolaremos o Sol atraparemos o Sol
Imposibilidade total de reacción, de vitalidade (a luz, o Sol)

...O Sol era un paxaro triste
que se pousaba no penol. penol: punta da verga do navío
O sol é un simple e afastado espectador, non se pode coller.

Todo o poema é sombrizo, cunha atmosfera de frustración e saudade, sen capacidade de loitar contra a adversidade. O Mar está fechado como a vida individual: soidade. O destino é irremediábel, o Sol ( a vida) foxe.

Trazos da poética máis tradicional:
-Imaxes ligadas á realidade: gaivotas, arroaces.
-Suxeito poético nós: engaiolaremos.

Trazos máis vangardistas:
-As imaxes: tres singraduras a.
-Ausencia de puntuación.
-Ausencia de ritmo.
-Léxico mariñeiro: singradura, sotavento, relinga.

Contribúe co teu comentario ou suxestión

Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel

Véxase agora o poema:

DESCOBERTA

...QUEN fechou esta noite
a fenestra azul do Mar?
...Este Mar fuxitivo
de tódalas ribeiras
...Náufrago do neboeiro
que desviou o rumbo
dos puntos cardinaes

...Ficaron as gavotas
tres singladuras a sotavento
...Desourentáronse os arroaces
...intrusos e impunes

...Hoxe ninguén dá ca relinga
pra aferrar panos do horizonte
...E este serán tampouco
engaiolarémo-lo Sol

...O Sol era un paxaro triste
que se pousaba no penol.

Todos os poemas están perfectamente explicados por Manuel Castelao en Manoel-Antonio De catro a catro, Laiovento, 2010