anterior

índice

seguinte

A ESTRELA DESCOÑECIDA (Manuel Antonio, De catro a catro)

13º poema do libro. Despois das intencións, o barco, a travesía, a contemplación, a soidade, o afogado, a garda, o peirao, o bar, a balada, o cartafol do vento, a canción, vén agora a estrela.

Diálogo coa estrela que é testemuña apenada dos naufraxios no mar. Ambiente nocturno.

......EU VINTE decote acobadada
naquela fiestra
........................-tan a trasmán! a trasmán: descolocada, fóra de lugar
......que penduraches dunha constelación
imaxe vangardista moi plástica: a estrela asomada na fiestra do ceo, apoiada nos cóbados e colgando dunha constelación

O horizonte arrincaba cada día
......para ti o paso do tempo
......a folla de almanaque dunha vela almanaque de follas brancas como as velas

Pero nunca se enmallou enmallarse: enredarse
na falsa rede dos mapas celestes as estrelas e constelacións
a túa loura virxindade non te deixaches enganar
..................Cómplice a noite
..................engaiolaba o sextante dos mariños engaiolaba: enganaba; sextante: instrumento para determinar a posición mediante a medición de ángulos
..................inxenuas perversións catalogadas catalogadas, coñecidas, sempre sen que haxa novidade, ilusión

......Viúva reiterada de tódolos vinte anos a estrela como viúva, compañeira que prepara os funerais
que os mariñeiros repiten a morte sempre igual, repetida
cada volta que afogan nos naufraxios repetidos
......Endexamais souberon os cadáveres sen rumbo os cadáveres perdidos
que ti os amortallabas co teu ollar a túa luz, acompañábaos e preparábaos para a sepultura

Emproáramos a meia noite coller dirección cara á noite
......A sotavento da nosa singradura sotavento: lado contrario a onde sopra o vento; singradura: a travesía
vai decote unha nube desarbolada vai sempre unha nube; desarbolado: cos paos e vergas desarmados, arrombados, coma se fose un barco
......Coa súa esponxa de sombra
......borrou para sempre o teu mudo perfil a nube escureceu a estrela

......A alba nova sorprendeume chega o novo día, a alba
......cacheando entre os luceiros procurando entre as luces dos astros
unha despedida que se me perdeu. o adeus, a despedida

Poema cantado por César Morán

Trazos da poética máis tradicional:
-Imaxes ligadas á realidade: a nube
- Suxeito poético eu/nós, que dialoga cun ti, a estrela .

Trazos máis vangardistas:
-As imaxes: loira virxindade.
-Ausencia de puntuación.
-Ausencia de ritmo.
-Léxico culto: sextante. Léxico mariñeiro: emproar, sotavento.
-A disposición gráfica: tan a trasmán.
-Introdución de incisos: entre guións.

Contribúe co teu comentario ou suxestión

Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel

Véxase agora o poema de Manuel Antonio:

A ESTRELA DESCONECIDA

......EU VINTE decote acobadada
naquela fenestra
........................-tan a trasmán!
......que penduraches dunha constelación

O horizonte arrincaba cada día
......pra ti
......a folla de almanaque dunha vela

Pero nunca se enmallou
na falsa rede dos mapas celestes
a túa loira virxindade
..................Cómplice a noite
..................engaiolaba o sextante dos mariños
..................inxenuas perversións catalogadas

......Viúva reiterada de tódolos vinte anos
que os mariñeiros repiten
cada volta que afogan
......Endexamais souberon os cadavres sin rumbo
que ti os amortallabas co teu ollar

Emproáramos a meia noite
......A sotavento da nosa singladura
vai decote unha nube desarbolada
......Ca súa esponxa de sombra
......borrou pra sempre o teu mudo perfil

......A alba nova sorprendeume
......cacheando entre os loceiros
unha despedida que se me perdeu.

Todos os poemas están perfectamente explicados por Manuel Castelao en Manoel-Antonio De catro a catro, Laiovento, 2010