anterior

índice

seguinte

LIED OHNE WÖRTE (Manuel Antonio, De catro a catro) Expresión alemá que significa canción sen palabras. Tamén é o título dunha composición para piano

12º poema do libro. Despois das intencións, o barco, a travesía, a contemplación, a soidade, o afogado, a garda, o peirao, o bar, a balada, o cartafol do vento, vén agora a canción sen palabras.

...ABOIA un esbardar de marusías flota un exceso de; marusía: mar bravo, axitado ou cheiro a mar
tentando os ceos sen atopar a Lúa ambiente nocturno, mar revolto na noite
...Pero a Lúa esta noite tampouco hai luar
desertou dos almanaques almanaque: o tempo
...Murcha entre dúas follas como aquelas follas secas que se poñían nos libros e diarios
...............-violetas pensamentos- violeta; flores, sentimentos
do manual póstumo do libro; póstumo: publicado despois da morte
...............-outono madrigais- madrigal: breve poema lírico de tema amoroso
que versifiquei eu dos meus poemas

...Mansas vagas unánimes vagas: grandes ondas
reorganízanse detrás do vento o mar embravecido
...Cando pase a rafada derradeira a última ventada
diranos adeus outra vez a despedida, o adeus das velas
co pano branco do gaff-tope gaff-tope: pequena vela triangular que se pendura ao lado das gavias e sobre as enxarcias
...Alude a un fracaso outra vez o fracaso, o naufraxio
de follas amarelas gastadas polo tempo
...e renóvase o surriso dos mastros mastro
...sempre coas ponlas novas e xoviais a vida repítese en outros

...Noiva miña versos case modernistas polo sentimento
..................vestida de lúa
...que romantizas imaxe creacionista: unha nova realidade
........................tan cursi! exclamación irónica que rompe co ton descritivodo resto distanciando e afastando o sentimentalismo (Claudio Rodriguez Fer)
....................................polo xardín
A disposición gráfica semella unha prolongación do movemento
Estes versos foron retomados por Álvaro Cunqueiro, Méndez Ferrén e María Xosé Queizán

...Senteime a proa proa parte dianteira do barco
fumando a miña pipa a pipa nos mariñeiros asociada ao tempo de lecer
...Pero outra noite pensarei en ti. o sentimento

Unha noite sen lúa. Mestura de tempos (presente, pasado, futuro). Hai un algo de impulso vital: mastro, proa. Imaxes xustapostas.

Claudio Rodríguez Fer opina que se trata dunha metáfora múltiple, de lecturas diferentes:
-biográfica: problemas nunha travesía marítima
-existencial: desesperanza nunha noite sen luz
-estética: procura dunha nova expresión
-amorosa: lembranza lonxana da amada

Poema cantado por Maite Dono e Emilio Cao

Trazos da poética máis tradicional:
-Imaxes ligadas á realidade: Lúa
- Suxeito poético eu/ti.

Trazos máis vangardistas:
-A xusposición de imaxes.
- Ausencia de puntuación.
-Ausencia de ritmo.
-Léxico culto: madrigais, romantizas. Léxico mariñeiro: aboia, marusía, proa. Estranxeirismos: o título, gaff-top
-A disposición gráfica: tan cursi! .
-Introdución de incisos: entre guións.
-Imaxes humorísticas.

Contribúe co teu comentario ou suxestión

Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel

Véxase agora o poema de Manuel Antonio:

LIED OHNE WÖRTE

...ABOIA un esbardar de marusías
tentando os ceos sin atopar a Lúa
...Pero a Lúa esta noite
desertou dos almanaques
...Murcha antre dúas follas
...............-violedas pensamentos-
do manual póstumo
...............-outono madrigaes-
que versifiquei eu

...Mansas vagas unánimes
reorgaízanse detrás do vento
...Cando pase a rafega derradeira
diranos adeus
co pano branco do gaf-tope
...Alude a un fracaso
de follas amarelas
...e renóvase a surrisa dos mastros
...sempre cas ponlas novas e xoviaes

...Noiva miña
..................vestida de lúa
...que romantizas
........................tan cursi!
....................................polo xardín

...Senteime a proa
fumando a miña pipa
...Pero outra noite pensarei en ti.

Todos os poemas están perfectamente explicados por Manuel Castelao en Manoel-Antonio De catro a catro, Laiovento, 2010