anterior

índice

seguinte

BALADA DO PAILEBOTE BRANCO (Manuel Antonio, De catro a catro) balada: composición musical de caracter íntimo; pailebote: pequena embarcación con dous paos de goleta. É un veleiro branco polas velas

10º poema do libro. Despois das intencións, o barco, a travesía, a contemplación, a soidade, o afogado, a garda, o peirao, o bar, vén agora unha balada.

Estrutura circular: comeza e acaba co mesmo: historia do piloto, gavieiro, rapaz. O barco conta unha historia pero a del non a sabe ninguén.

......ESCOITABAMOS o vento
......ríndose malévolo malévolo: mal intencionado, que engana
debaixo do seu disfrace o vento, impulso vital, engana e non sopra

......E tamén contou o barco
a historia do piloto
a do gavieiro e a do rapaz gavieiro: o mariñeiro que vixía desde a gavia -plataforma instalada no mastro principal-; rapaz: grumete
......Vós xa sabedes todo
......Iso que din as estampas os debuxos e historias
do libro de Simbad Simbad: o mariñeiro das Mil e unha noites, protagonista de aventuras

......Pero el contounos o resto
......"Estreaba o horizonte comeza a historia de aventuras
unha largacía audaz"... largacía: liña estensa
......O barco foi percorrendo repetición temporal
as cicatrices sentimentais restos do pasado, sentimentos
que lle deixaron vellos navegantes vidas xa pasadas
......E os adeuses que leva na vela a vela branca é símbolo do adeus como o pano branco
......gravados por miradas a despedida tan repetida no libro
tristes definitivas e distantes
......Un día fíxose ao mar un día partiu
coa parola ceifada nos beizos coa palabra cortada, segada nos beizos; perda da fala, da vida
......E xa nunca volveu
......Agora eu busco un vello mariñeiro
......ou unha historia do pailebote branco pailebote pequena embarcación con dous paos de goleta. É un veleiro.
......ou calquera cousa ... busca unha ilusión
...............................que sei eu? a pregunta queda pendurando colocada á dereita do poema

......Escoitábamos o vento retoma os versos do inicio
......ríndose malévolo o engano do vento
......debaixo do seu disfrace
......Pero a historia do pailebote branco
non a sabía o piloto
......nin o gavieiro
......nin o rapaz. negación da posíbel ilusión

Remata co desengano do mundo, como se esa historia non existira nunca.

Trazos da poética máis tradicional:
-Suxeito poético nós:escoitábamos.
- Restos de rima: disfraz-rapaz-Simbad.
-Algo de argumento na historia contada.

Trazos máis vangardistas:
-Ausencia de puntuación.
-Léxico culto: malévolo. Léxico mariñeiro: gavieiro, pailebote .
-A disposición gráfica: que sei eu?

Contribúe co teu comentario ou suxestión

Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel

Véxase agora o poema de Manuel Antonio:

BALADA DO PAILEBOTE BRANCO

......ESCOITABAMOS o vento
......ríndose malévolo
debaixo do seu disfraz
......E tamén contou o barco
a hestoria do piloto
a do gavieiro e a do rapaz
......Vós xa sabedes todo
......Eso que din as estampas
do libro de Simbad
......Pero el contounos o resto
......"Estreaba o horizonte
unha largacía audaz"...
......O barco foi percorrendo
as cicatrices sentimentaes
que lle deixaron vellos navegantes
......E os adeuses que leva na vela
......gravados por miradas
tristes definitivas e distantes
......Un día fíxose ao mar
ca parola ceifada nos beizos
......E xa nunca volveu
......Agora eu busco un vello mariñeiro
......ou unha historia do pailebote branco
......ou calquer cousa ...
...............................que sei eu?

......Escoitábamos o vento
......ríndose malévolo
......debaixo do seu disfraz
......Pero a hestoria do pailebote branco
non a sabía o piloto
......nin o gavieiro
......nin o rapaz.

Todos os poemas están perfectamente explicados por Manuel Castelao en Manoel-Antonio De catro a catro, Laiovento, 2010