O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

NOVA DE ACTUALIDADE 24/04/2020

Xunta de Galicia: Videotitoriais sobre os servizos dixitais educativos para docentes e familias: abalarMóbil, Agueiro, Webs Dinámicas e videoconferencias Webex

Co fin de facilitar á comunidade educativa o uso dos distintos servizos dixitais, están dispoñibles 12 videotitoriais nos que se amosa de xeito sinxelo como comezar a usar cinco servizos dixitais educativos:

Dous sobre a aplicación para as familias abalarMóbil

 

Un sobre o uso da ferramenta de e-portfolio e comunidades educativas dixitais Agueiro

 

Tres sobre o uso das videoconferencias eduXunta Webex, por parte do profesorado e do alumnado

 

Un sobre o uso da mensaxería na comunicación coas familias por parte do profesorado a través de espazoAbalar

 

Cinco sobre as funcionalidades básicas das Aulas Virtuais dos centros educativos:

 

Os videotitoriais están dispoñibles na canle Youtube de espazoAbalar e no Espazo de servizos dixitais educativos dentro das seccións App de comunicación abalarMóbil, Ferramenta de portfolio Agueiro, Servizo de videoconferencia Webex, Servizo de comunicación espazoAbalar e Aulas Virtuais.

Estes recursos veñen a reforzar todos os materiais e manuais empregados nos procesos de formación do profesorado e que están publicados no Espazo de servizos dixitais educativos do espazoAbalar e na Aula Abalar Aberta.