O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 14/11/2012

Abalar: Redeiras supera xa os 6.000 usuarios rexistrados

A rede social do profesorado Redeiras (https://www.edu.xunta.es/redeiras) xa conta con máis de 6.000 usuarios rexistrados, continuando así co seu ritmo de crecemento paulatino. Desta maneira, Redeiras posiciónase actualmente como unha das ferramentas en liña máis usadas polos docentes de Galicia.

En tan só 7 meses de funcionamento, esta rede social profesional pasou a converterse nunha ferramenta de referencia para o profesorado dos centros educativos galegos con respecto á comunicación, a colaboración, o intercambio de experiencias entre os docentes e como complemento á súa práctica educativa.
 
Na propia plataforma existe un grupo, “Proxecto Redeiras”, dispoñible para todos aqueles docentes que precisen algún tipo de asesoramento, de axuda sobre o seu funcionamento, ou ben desexen estar ao día das novidades da rede social do profesorado. Desta forma, Redeiras proporciona aos seus usuarios videotitoriais, manuais, e a posibilidade de realizar consultas sobre calquera aspecto relacionado con esta rede social. A URL para acceder a este grupo é:  https://www.edu.xunta.es/redeiras/groups/profile/74/proxecto-redeiras
 
No seguinte videotitorial, poderá coñecerse o procedemento de acceso, que é similar ao de calquera outra aplicación da Consellería ou ao do correo @edu.xunta.es.
 
 
See video