Abalar: O Proxecto Silandeira/Silandeira Project xa está dispoñible no repositorio do espazoAbalar
Os docentes Mónica Obelleiro Pérez e Iván Prieto Lage crearon, durante unha licenza de formación no curso 2011/2012, quince unidades bilingües en galego e inglés: o Proxecto Silandeira/Silandeira Project.
Este material está destinado ao alumnado de 5º curso de educación primaria que curse a área de coñecemento do medio, en lingua galega ou en inglés, na Comunidade autónoma de Galicia.
A proposta está inmersa nos principios do novo modelo educativo dixital e os valores do plurilingüísmo, ofrecendo a posibilidade de abordar estes contidos desde unha perspectiva global, interactiva e bilingüe.
O material curricular dixital elaborado preséntase en formato de libros EdiLIM, co propósito de que os diversos profesionais do ámbito educativo poidan integralo en blogues de aulas ou para traballar directamente de forma offline.
Conta cun total de catro libros LIM por cada unha das unidades coa seguinte estruturación:
- Libro de actividades en lingua galega. Deseñado para o reforzo e ampliación da unidade didáctica traballada en clase. Estes libros contan con 25-40 actividades.
- Libro de avaliación en lingua galega. Deseñado para comprobar se se cumpriron os obxectivos previstos. Estes libros contan con 15-20 actividades.
- Libro de actividades en lingua inglesa (Activity book).
- Libro de avaliación en lingua inglesa (Evaluation book).
En galego:
Proxecto Silandeira: A Idade Antiga
Proxecto Silandeira: A Idade Media
Proxecto Silandeira: A materia e a enerxía
Proxecto Silandeira: A poboación e a economía de España e de Galicia
Proxecto Silandeira: A prehistoria
Proxecto Silandeira: As institucións de España e de Galicia
Proxecto Silandeira: As plantas
Proxecto Silandeira: Ecosistemas
Proxecto Silandeira: Forzas e máquinas
Proxecto Silandeira: Hidrografía de España e de Galicia
Proxecto Silandeira: O clima de España e Galicia
Proxecto Silandeira: O relevo de España e Galicia
Proxecto Silandeira: O Universo e a Terra
Proxecto Silandeira: Seres vivos
En Inglés:
Silandeira Project: Ecosystems
Silandeira Project: Forces and machines
Silandeira Project: Hidrography
Silandeira Project: Institutions
Silandeira Project: Living things
Silandeira Project: Matter and energy
Silandeira Project: Middle Ages
Silandeira Project: Population and economy