O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 15/02/2017

Abalar: Nova versión da Ferramenta de Autor do EVA

A Ferramenta de Autor, que está dispoñible no Entorno Virtual de Aprendizaxe, dota ao profesorado de recursos para a creación de unidades didácticas complementarias ao temario oficial que favorezan o traballo diario tanto na aula, como fóra dela.

Trátase dun área personalizada, adaptada aos perfís de “profesor”, que contempla o desenvolvemento das principais funcionalidades de xestión de proxectos nos que se inclúen unha secuencia organizada de contidos e exercicios que poderán ser publicados en entornos virtuais.

O entorno de Xeración de Contidos é a plataforma deseñada para crear contidos educativos integrada no proxecto e-Dixgal.  Permite ao profesorado xerar recursos educativos de gran riqueza e a creación de unidades didácticas complementarias ó temario oficial.

A “Ferramenta de autor para a xeración de contidos” integra as seguintes funcionalidades:

1.Xeración de exercicios de distinto tipo que poden ser utilizados como recurso complementario no Entorno Virtual de Aprendizaxe.

2.Xeración de contidos que poden ser enriquecidos con arquivos multimedia (imaxes, vídeos, audios, etc.). O docente poderá achegar todo o contido estático que necesite para completar a información que necesita expoñer.

3.Creación de proxectos que se poderán configurar como unidades didácticas complementarias utilizando os exercicios e contidos creados previamente, conformando a ferramenta de interacción co estudante e co resto da comunidade.

4. Posibilidade de publicar os proxectos en formato SCORM directamente na plataforma e-Dixgal.

5.Capacidade para compartir proxectos e xerar un espazo común de traballo entre o profesorado

Neste sentido, xa está operativa una nova versión na que se incorpora entre outras melloras, o sistema karma, no que se pode puntuar e comentar cada traballo publicado. Desta forma, a puntuación dos elementos repártese entre os puntos que se lle dá a un elemento do repositorio só por publicalo no repositorio, os puntos outorgados polos outros docentes a ese elemento do repositorio, os puntos que se dan a un elemento cada vez que un profesor o descarga do repositorio, a suma dos puntos dos distintos apartados, etc. Cabe destacar que un docente só pode votar unha vez e que non se suman puntos se realiza accións en elementos do repositorio dos que o profesor é propietario.

Outra nova funcionalidade é o formato de créditos, que permite recoller en cada recurso o autor orixinario e os autores, no caso de que houbera, das futuras revisións ou modificacións.

Finalmente, pódense descargar en cada un dos tres apartados (exercicios, contidos e proxectos) os recursos dispoñibles de exemplo. Só se poden importar os contidos educativos demo unha vez, aparecendo na listaxe de cada docente.

Ferramenta de autor