O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 20/09/2012

Abalar: Gañadores dos Premios Fundación Telefónica

Esta semana anunciáronse os gañadores dos Premios Fundación Telefónica de innovación educativa 2012. Os traballos premiados poden verse en: http://premioeducacion.fundaciontelefonica.com/archives/5272

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Noraboa aos catro proxectos realizados en centros de Galicia! Son os seguintes:
 

MarinoFeQ

Terceiro premio na modalidade A: traballos que responden ao uso pedagóxico de dar soporte á clase a partir de recursos dixitais de 15 a 17 anos. O autor é Francisco Mariño Domínguez, profesor do IES Porto do Son.
 
Trátase dunha páxina realizada con Netvibes que enlaza numerosos recursos utilizados por Francisco nas súas clases de Física e Química: presentacións, vídeos exercicios, imaxes... A destacar os seus mapas conceptuais e a web Quen é quen? na que fai unha contextualización histórica dos avances da ciencia.

 

 
Primeiro premio na modalidade B: traballos que responden ao uso pedagóxico de realizar tarefas a partir de recursos interactivos dixitais de 15 a 17 anos. Aventura gráfica situada na cidade de A Coruña en distintas épocas. Para executala é necesario ter instalado Java.
 
Está creada por dúas profesoras e un profesor do IES de Sabón: Sonia Vivero Nogueiras, Pilar Martínez Souto e Agapito Muñíz Sánchez.

 

 
Segundo premio na modalidade C: traballos que responden ao uso pedagóxico de realizar producións en pequeño grupo a partir de recursos dixitais de 3 a 8 anos.
 
Blog no que a profesora Concepción Villar Suárez, da EEI de Milladoiro, recolle a evolución das actividades realizadas polo alumnado do 2º ciclo de educación infantil: contos, producións audiovisuais, programas de radio...

 

 
Segundo premio na modalidade D: traballos que responden ao uso pedagóxico de traballar en proxectos interescolares na aula de 3 a 8 anos.
 
Proxecto colaborativo coa participación de tres centros para crear varios cortos que teñen como protagonistas os morcegos co obxectivo de fomentar a lectura e concienciar na conservación do medio ambiente.
 
As coordinadoras deste proxecto son Patricia Doval Rodríguez (CEIP Manuel Sieiro), Concepción Villar Suárez (EEI de Milladoiro) e Belén Rodríguez González (CPR Luis Vives).