O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

NOVA DE ACTUALIDADE 19/06/2020

Xunta de Galicia: Fin de Curso: Reto DigiCraft Online

A Fundación Vodafone e a Xunta de Galicia convocaron aos participantes no Proxecto Digicraft a participar no Reto Digicraft, unha actividade colaborativa e dixital, onde se retou ao alumnado e profesorado participante a desenvolver de xeito colaborativo e online un cómic dixital facendo uso dos recursos do proxecto.

Desde DigiCraft proporcionouse a historia base do cómic, os escenarios e personaxes, de forma que o alumnado só tivo que completar o texto e debuxar as súas propias viñetas.

O pasado venres 19 de xuño ás 12:00 horas, desvelouse o cómic gañador do Reto  DigiCraft  Online: o CPI Plurilingüe O Cruce (Cerceda - A Coruña). Este centro escolar premiado recibirá dous kits  DigiCraft completos: un de Realidade Aumentada e Videoxogos e outro de Intelixencia Artificial e Robótica.

Na seguinte ligazón pódese ver o evento completo:

https://www.youtube.com/watch?v=pevYkRkHDmI&feature=youtu.be