O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 07/05/2012

Abalar: Congreso “Contenidos Educativos Digitales”

Os días 4, 5 e 6 de outubro terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Mérida o Congreso “Contenidos Educativos Digitales”, que ten como principal obxectivo presentar e analizar diferentes modelos de desenvolvemento, distribución e utilización de contidos educativos dixitais.

A organización ofrece a posibilidade de enviar experiencias integradas nos proxectos de centro que reúnan as seguintes características:

  • Utilización didáctica da web 2.0. Experiencias e comunicacións sobre a utilización de servizos e aplicacións web, traballo colaborativo, privacidade e seguridade.
  • A aula tecnolóxica. Comunicacións para mostrar diferentes usos da tecnoloxía actual aplicada na aula, encerado dixital interactivo, configuración de medios, de recursos, organización de centro e aula, etc.
  • Contidos educativos dixitais. Comunicacións para difundir diferentes recursos e materiais didácticos.
  • Software educativo. Ferramentas de autor, aplicacións educativas. Utilización didácticas de ferramentas TIC, especialmente empregando software libre.

 

A organización cubre o desprazamento, aloxamento e manutención das persoas que presenten as experiencias seleccionadas.

Se está interesado en presentar a súa experiencia, deberá remitir o formulario adxunto ao correo asesoria.tic@edu.xunta.es antes do 25 de maio. Entre as experiencias recibidas seleccionaranse as que representarán a Galicia no congreso.

 

   Formulario enviado polo Congreso