O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

NOVA DE ACTUALIDADE 18/03/2021

Xunta de Galicia: Amplíase ata o 7 de abril o prazo de inscricións do programa Tecnólogo por un día

O persoal docente poderá inscribir ao alumnado interesado en participar no programa Tecnólogo por un día, nesta edición en formato online, ata o próximo 7 de abril.

Con esta actuación, impulsada pola Amtega no marco do Plan DigiTalent, estudantes de 15-17 anos poderán achegarse ás profesións dixitais a través de distintas modalidades de sesións online:

  • DIGITAL BEGINNER. Talleres prácticos, resolución de retos e/ou problemas de proxectos reais de forma remota.
  • DIGITAL RECRUIT. Cita con responsables de talento nas empresas TIC.
  • MENTORING DIGITALENT. Encontro distendido con profesionais de ampla traxectoria profesional.

 

O formulario de inscrición e a documentación de referencia con máis detalles do programa están dispoñibles na web DigiTalent: https://digitalent.xunta.gal/es/iniciativa/tecnólog-por-un-día