Os Contidos dispoñibles no Repositorio son de distinta natureza. Para empregalos pode realizalo por medio de dúas vías:
Neste último caso, se o contido ten un formato .html, os pasos que ten que dar para poñer a funcionar o recurso son os seguintes:
O Repositorio de Contidos Educativos Dixitais está dispoñible para toda a comunidade educativa galega: docentes, alumnos/as, familias e todos aqueles usuarios interesados, e non é preciso realizar ningún tipo de autenticación.
O Repositorio de Contidos dispoñible no espazoAbalar é unha plataforma de xestión, difusión e emprego dos contidos educativos dixitais, onde está dispoñible unha selección de recursos educativos de calidade e en múltiples idiomas, que está a ser actualizada de xeito continuo con novos contidos e funcionalidades.
O acceso ao servizo espazo Centros realízase a través do portal espazoAbalar na seguinte dirección: http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/
Unha vez no espazoAbalar, o primeiro paso será acceder aos servizos. A continuación aparecerá unha pantalla na que se solicitará unha autenticación do usuario. En principio, esta autenticación poderá realizarse a través de tres vías: mediante DNI electrónico, un certificado da FNMT ou por medio do usuario e contrasinal do correo da Consellería de Educación. No caso de que tamén sexa profesor ou responsable (pai, nai, titor legal) de algún alumno dos grupos permitidos, deberá seleccionar a opción espazo Centros unha vez autenticado.
De todos os xeitos, na propia páxina do espazoAbalar terá á súa disposición nos próximos días unha guía rápida de uso, onde se explican os pasos para o acceso a dito servizo.
Actualmente, o acceso ao servizo espazo Centros, está dispoñible para todos os directores/as dos centros públicos e concertados de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato, ciclos formativos e PCPI.
Adicionalmente, estes directores/as terán a posibilidade de dar permisos de acceso a aquelas persoas do centro que consideren apropiado.
O servizo espazo Centros é un dos servizos do portal espazoAbalar que permite aos centros educativos dispor dun taboleiro virtual coa finalidade de manter informada a toda a comunidade educativa.
Os titores/as poden habilitar a opción de recibir os xustificantes das faltas de asistencia e as solicitudes de citas de titoría, no apartado de subscricións do servizo espazo Profesores, para que desta forma, os responsables (pai, nai, titores legais) poidan realizar este tipo de xestións.
O acceso ao servizo espazo Profesores realízase a través do portal espazoAbalar na seguinte dirección: http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/
Unha vez dentro do espazoAbalar, o primeiro paso será acceder aos servizos. A continuación aparecerá unha pantalla na que se solicitará unha autenticación do usuario. En principio, esta autenticación poderá realizarse a través de tres vías: mediante DNI electrónico, un certificado da FNMT ou por medio do usuario e contrasinal do correo da Consellería de Educación. No caso de que tamén sexa responsable (pai, nai, titor legal) dalgún alumno dos grupos permitidos, deberá seleccionar a opción espazo Profesor unha vez autenticado.
De todos os xeitos, na propia páxina do espazoAbalar (/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia_profesores_-_espazoabalar_v.4-galego_v1.1_0.pdf) ten á súa disposición unha guía rápida de uso, onde se explican os pasos para o acceso a dito servizo.
Actualmente, o acceso ao servizo espazo Profesores, está dispoñible para todos os profesores/as. Pero tan só os titores/as e/ou profesors de grupos dos centros públicos e concertados de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato, ciclos formativos e PCPI terán acceso a todas as funcionalidades que ofrece este servizo.
Os profesores/as que non sexan titores/as dun dos centros mencionados anteriormente, poderán acceder á aplicación de datos persoais e ligazóns. Ademáis, a funcionalidade de recibir solicitude de citas de titoría, só estrá dispoñiible para o caso dos titores de grupos de estos centros.
O servizo espazo Profesores é un dos servizos do portal espazoAbalar que facilita o desenvolvemento das actividades de seguimento e control diarias dos docentes e permite o intercambio de información e a comunicación cos responsables dos alumnos/as.
Os pais, nais e titores legais, só poderán realizar a solicitude das citas de titoría vía electrónica se o titor/a acepta esta vía de comunicación, é dicir, será necesario que os titores/as teñan habilitada esta opción para que as familias poidan beneficiarse deste servizo.
Para que os pais, nais e titores legais poidan realizar a xutificación de faltas de asistencia vía electrónica, será necesario que o titor/a do grupo ao que pertence o alumno ou o profesor da materia estén suscritos a esta funcionalidade.
Os pais, nais e titores legais que teñen acceso ao espazoAbalar podrerán dispoñer do servizo de avisos no correo electrónico da publicación de cualificacións, de faltas de asistencia e avisos de outras notificacións, dándose de alta no apartado de subscripcións do servizo espazo Familias.
Coma pai ou nai dun rapaz/a, pode consultar e modificar os seus datos persoais sempre e cando dispoña dunha dirección propia como pai/nai e non sexa unha única dirección Familiar, xa que neste caso, non poderá modificala por medio do espazoAbalar.
O acceso ao servizo espazo Familias realízase a través do portal espazoAbalar na seguinte dirección: http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/
Unha vez no espazoAbalar, o primeiro paso será acceder aos servizos. A continuación aparecerá unha pantalla na que se solicitará a autenticación do usuario. Esta autenticación podese realizar a través de dúas vías: mediante DNI electrónico ou un certificado da FNMT.
De todos os xeitos, na propia páxina do espazoAbalar (/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia_familias_-_espazoabalar_v.4_galego_v1.1_0.pdf) ten á súa disposición unha guía rápida de uso, onde se explican os pasos para o acceso a dito servizo.
Ata o mes de marzo, o acceso ao servizo espazo Familias estaba restrinxido aos pais, nais e responsables legais dos alumnos/as matriculados nos centros do Proxecto Abalar.
Actualmente, este servizo está dispoñible para todos os centros educativos galegos, polo que para acceder ao servizo espazo Familias simplemente é necesario que o alumno/a estea matriculado nun centro educativo galego de Ensinanza Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos ou PCPI.
Se atopa algún problema para acceder co seu Certificado Dixital, realice as seguintes comprobacións:
Para comprobar se o certificado está correctamente instalado:
Se atopa algún problema para acceder co seu DNIe, realice as seguintes comprobacións:
Tamén pode comprobar que o seu DNIe funciona correctamente seguindo os seguintes pasos:
Para dar resposta a todas as dúbidas xurdidas no ámbito do espazoAbalar así como recoller os comentarios e aportacións que a comunidade educativa queira achegar a Consellería, pode empregar dúas vías de contacto:
O espazoAbalar é unha moderna plataforma desenvolta pola Consellería de Educación e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia con dous obxectivos:
O espazoAbalar estase a desenvolver dun xeito continuado no tempo coa inclusión de novos servizos para toda a comunidade educativa. Actualmente dispón dun espazo adicado ás Familias (espazoFamilias), o que permite aos pais e nais integrarse en maior medida na vida académica dos seus fillos/as, un espazo para os profesores (espazoProfesores) e outro para os centros educativos (espazoCentros). Tamén está a disposición de toda a comunidade educativa un repositorio de contidos educativos dixitais.
Para dar resposta a todas as dúbidas xurdidas no ámbito do espazoAbalar así como recoller os comentarios e aportacións que a comunidade educativa queira achegar á Consellería, pode empregar dúas vías de contacto:
Para dar resposta ás incidencias xeradas no uso do equipamento pode poñerse en contacto coa Unidade de Atención a Centros (UAC) na seguinte dirección de correo electrónico: uac@edu.xunta.es.
Os centros que desexen formar parte da Rede Abalar deberán cumprir os seguintes requisitos técnicos:
Aulas que se deben cablear:
Requisitos técnicos:
O Proxecto Abalar, é un compromiso da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria coa cidadanía galega, no ámbito da integración das TIC na práctica educativa, cuxo obxectivo principal é o de transformar os centros educativos tradicionais en centros educativos dixitais para:
O Proxecto Abalar garante a dotación e o mantemento da infraestrutura TIC en todos os centros educativos coa entrega de ultraportátiles aos alumnos/as e a dotación de aulas dixitais por medio do portátil para o profesor/a, o encerado dixital interactivo e o proxector, os armarios de carga dos ultraportátiles e as redes Wifi, fomenta a cultura dixital por medio da formación aos docentes e as familias, dota ao profesorado e o resto da comunidade educativa de contidos e recursos educativos dixitais e establece novas canles de comunicación entre a comunidade educativa e presenza na Web por medio do espazoAbalar.
O servizo espazo Familias é un dos servizos do portal espazoAbalar que permite aos pais, nais e responsables legais acceder ao seguimento académico en liña dos seus fillos/as e establece unha nova canle de comunicación entre estes e os titores/as
O espazoAbalar é unha moderna plataforma desenvolta pola Consellería de Educación e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia con dous obxectivos:
O servizo espazo Familias é un dos servizos do portal espazoAbalar que permite aos pais, nais e responsables legais acceder ao seguimento académico en liña dos seus fillos/as e establece unha nova canle de comunicación entre estes e os titores/as...
Ata o mes de marzo, o acceso ao servizo espazo Familias estaba restrinxido aos pais, nais e responsables legais dos alumnos/as matriculados nos centros do Proxecto Abalar.