Agueiro é unha plataforma en liña que ofrece aos centros educativos galegos a posibilidade de crear a súa propia comunidade educativa virtual onde poderán participar tanto o profesorado como o alumnado do propio centro educativo.
 
Os centros educativos que o soliciten, poderán dispoñer da súa propia comunidade educativa virtual dentro de Agueiro, da que poderán formar parte tanto o profesorado como o alumnado do propio centro. Cada unha destas comunidades terá o seu propio administrador (un responsable do centro educativo) e os seus propios xestores (o profesorado do centro) que serán os encargados de realizar o mantemento e a xestión íntegra da súa comunidade. Así mesmo, os centros educativos poden dar de alta aos seus propios alumnos, polo que os estudantes van dispoñer do seu propio espazo persoal privado así como tamén do acceso a todas as funcionalidades propias das comunidades.
 
Ditas comunidades proporcionan ferramentas e funcionalidades específicas para os usuarios que pertencen a elas, como son a creación de grupos, espazos compartidos, ferramentas colaborativas, foros de debate, páxinas, … etc combinando as funcionalidades de rede social educativa, portfolio dixital educativo e espazo persoal de almacenamento na nube.

 

Acceso á plataforma

 

Manual:

 

Videotitorial:

 

Como solicitar esta ferramenta:

  • Para solicitar que o centro dispoña desta ferramenta, a dirección do propio centro educativo deberá facer una solicitude por medio dun correo electrónico dirixido ao enderezo agueiro@edu.xunta.gal e indicando os datos persoais da persoa (docente do centro) designada como responsable e administradora desta nova “Comunidade Educativa Virtual” dentro de Agueiro. Non se enviarán indicacións nin datos de acceso a contas persoais.