A plataforma Webs dinámicas permite a cada centro educativo dispor dunha aula virtual. As aulas virtuais son espazos dixitais de traballo que permite dispoñer dun espazo web online para organizar os contidos das unidades didácticas, repositorio de contidos e documentos, espazo de intercambio e comunicación entre profesorado e alumnado, e lugar de realización de tarefas por parte do alumnado, etc.

Ademais, estas aulas, ofrecen unha ampla flexibilidade á hora de importar e exportar actividades realizadas nos propios cursos ou noutras plataformas Moodle, e na exportación e importación de cursos, polo que calquera docente pode utilizar cursos xa elaborados, adaptando os contidos á realidade da aula.

 

Acceso ao servizo:

  • https://www.edu.xunta.gal/centros/nomedocentro/aulavirtual2/

 

Manuais:

 

Videotitoriais:

 

Como solicitar este servizo:

  • Este servizo está dipoñible unicamente para centros públicos. Para solicitar que o centro dispoña deste servizo, debe remitirse desde a conta de correo do centro educativo, solicitude ao enderezo websdinamicas@edu.xunta.gal , indicando os datos de contacto do centro, código do centro e a persoa responsable no centro da páxina web. Remitiranse as credenciais para xestionar o portal á conta de correo do centro. Non se enviarán indicacións nin datos de acceso a contas persoais.

 

Contactar: