O Proxecto Abalar dispón dun portal propio, "espazoAbalar", que é o referente dos servizos educativos en Galicia para toda a comunidade:
- Achegando a educación aos cidadáns e involucrando ás familias na educación dos fillos.
- Promovendo o desenvolvemento das TIC no ámbito educativo, convidando á participación e motivación do alumnado e loitando contra o fracaso escolar.
- Fomentando a participación colaborativa dos centros e da comunidade docente, incorporando como peza fundamental o Repositorio de Contidos Educativos de Galicia.
O espazoAbalar proporciona:
Ás familias:
- Información directa do absentismo e seguimento académico dos fillos.
- Comunicación directa e multicanle co profesorado e titores: Solicitude de citas de titoría, xustificación de faltas de asistencia, consulta de incidencias e avisos.
Aos profesores:
- Facilita novas canles de comunicación entre pais, profesores e a dirección do centro: Xestión de citas de titoría, avisos, incidencias e notificacións.
- Permite a consulta de información persoal e de ligazóns.
Aos centros:
- Dispón de un taboeiro virtual que permite manter informada a toda a comunidade educativa.
- Comunicación directa cos responsables e profesorado por medio de avisos a colectivos e a grupos.
A toda a comunidade educativa: familias, profesores, centros e alumnos:
- Ferramentas e mecanismos para o acceso aos materiais, e recursos para a actividade escolar no centro educativo dixital por medio do repositorio de contidos dixitais.