Como elemento fundamental do novo modelo educativo que expón o Proxecto Abalar , estase a dotar ao profesorado, así como ao resto da comunidade educativa de contidos e recursos educativos dixitais.
A plataforma de recursos educativos consta, entre outras, dunha aplicación en contorno web, instalada na rede local de centro educativo.
Esta plataforma permite ao profesorado introducir e catalogar materiais educativos dixitais. Cada usuario ten a opción de personalizar a súa carteira de recursos con materiais do servidor ou de producción propia e compartir o que considere de interese para a súa comunidade educativa.
Os recursos aloxados no servidor están deseñados para que o alumno participe na súa aprendizaxe utilizando o ordenador ou a pizarra dixital. Funcionan directamente nos equipos do alumnado a través da Intranet. Pódese facer a busca tendendo a múltiples criterios: ensinanza, nivel educativo, materia, tipo de recurso, tipo de licenza, idioma, palabras clave...
Estes recursos teñen a vantaxe de ser aproveitables no tempo xa que non están condicionados pola ferramenta necesaria para o seu uso.
Os recursos son de uso libre ou con licenzas Creative Commons para utilizar no traballo co alumnado e proxectos didácticos ou educativos.