Maqueta Abalar Libre

Actualizador Abalar

 

Que é o actualizador Abalar?

Baseandose na idea de xestión centralizada na administración de software do Proxecto Abalar/Edixgal, e en iniciativas como Expansión Abalar, que permite levar a maqueta Abalar a un gran número de equipamento corporativo dos centros educativos Abalar fóra das aulas Abalar, agora pretendese chegar máis lonxe: a administración do software de calquera equipo informático que dispoña da distribución libre Abalar. 
O actualizador Abalar é unha pequena aplicación que se pode instalar na maqueta Abalar libre, e que facilita o mantemento do equipamento mediante unha actualización desatendida dun gran número de aplicacións integradas na maqueta.

O proceso de actualización é moi lixeiro, non sobrecarga o funcionamento do equipo e tampouco sobrecarga a rede.

 


 

Descarga do actualizador Abalar

Pulsa no enlace inferior para descargar a versión máis recente do actualizador Abalar. Depois de descargar o ficheiro (formato ".deb") poderás instalar este actualizador en calquera equipo que teña instalada a Maqueta Abalar Libre.

 

   Ficheiro de instalación do actualizador Abalar 1.7.2

Actualización: Maio de 2020

 

NOTA IMPORTANTE
Nas últimas versións da maqueta Abalar libre, xa está instalada unha versión do actualizador Abalar polo que antes de instalar esta versión do actualizador Abalar 1.7.2 comproba a versión que está instalada actualmente.

 


 

Manual do actualizador Abalar

No seguinte enlace podes acceder á guía de instalación e funcionamento do actualizador Abalar, onde se explica paso a paso o procedemento para a instalación do actualizador así como tamén o manual básico de uso e funcionamento.

 

Guía de instalación e funcionamento