Sistema operativo e aplicacións
GNU / Linux AMTEGA - Educación
Con esta distribución da Maqueta Abalar Libre (sistema operativo + aplicacións xa instaladas) preténdese estender e dar continuidade á maqueta que inicialmente estaba destinada aos equipos informáticos das aulas do proxecto Abalar e actualmente tamén aos equipos informáticos do proxecto e-DIXGAL, coa intención de facilitar a instalación do mesmo sistema operativo e as mesmas aplicacións en calquera dos equipos dos centros educativos de Galicia e/ou en calquera ordenador persoal do usuario.
Esta maqueta Abalar libre presenta, entre outras, as seguintes vantaxes:
![]() |
O software libre na educación
O uso do software libre na educación posibilita que tanto o profesorado como o alumnado poidan dispoñer libremente nos seus domicilios do mesmo software co que traballan no seu centro educativo, xa que o software libre permite copiarse e distribuírse libremente.
O software libre está baseado en estándares internacionais abertos e libres, polo que ensinar con software libre implica ensinar e aprender a usar a tecnoloxía e non un produto concreto dunha determinada marca.
A liberdade de uso do software libre permítenos cambiar de software en calquera momento e tantas veces como sexa necesario sen que isto represente necesariamente ningún desembolso económico. Neste sentido, o uso de software libre tamén crea usuarios e profesionais independentes dun determinado entorno de software.
O software libre permite entender o seu funcionamento, modificalo, melloralo e adaptalo ás nosas necesidades.
![]() |