Experiencias. Aulas 2.0

EXPERIENCIAS 17/01/2014

CEE Terra de Ferrol: A vendima

Ao longo do primeiro trimestre deste curso o alumnado da aula 6º D do Centro de Educación Especial Terra de Ferrol, dirixidos pola profesora Ana Martínez Rey, publicou os seus avances no proxecto A vendima. Nos  artigos pode verse como traballaron as uvas, as parras e as vides, os traballos e ferramentas relacionadas coa vendima, así como o seu tratamento en diversas manifestacións artísticas. Incluso utilizaron as uvas para estudar conceptos matemáticos.
 
Os textos están acompañados de numerosas fotografías e imaxes dos traballos realizados. Ao final presentan unha recompilación de todas as fichas realizadas que comparten por se poden ser útiles noutros centros.
 
A canle utilizada para a publicación destes artigos é o blogue Aula TIC no que mostran a marcha dos proxectos nos que participan utilizando numerosas ferramentas da web 2.0.
 
Ana Martínez é unha das impulsoras de Un proyecto entre todos, unha iniciativa de cinco mestras de infantil e educación especial que, dende o ano 2012, promove a colaboración entre o profesorado blogueiro para compartir enlaces, experiencias, recursos, etc. Na actualidade participan nesta iniciativa 176 blogues.

 

 

1.4025
Average: 1.4 (8 votes)
Your rating: Ninguno
1.4025
Average: 1.4 (8 votes)
Your rating: Ninguno
(8 votos)

Enviar un novo comentario

Deixa un comentario
O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta é feita para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
Image CAPTCHA
Insira os caracteres amosados na imaxe.