Experiencias. Aulas 2.0

EXPERIENCIAS 30/01/2015

Hemeroteca de experiencias: Scratch

Entre as ferramentas presentes nos netbook Abalar destaca Scratch, un entorno de programación desenvolvido polo Media Lab do MIT (Instituto Tecnolóxico de Massachusetts) recomendado para que o alumnado de primaria e secundaria teña un primeiro acercamento aos conceptos de programación de ordenadores. Scratch permite a creación de proxectos mediante unha interface moi atractiva e intuitiva na que se van animando os personaxes e os obxectos apilando pezas similares as dun crebacabezas.

Con Scratch poden realizarse xogos, aplicacións multimedia que mostren contidos educativos ou relatar historias mediante as que se fomenta a creatividade do alumnado á vez que desenvolven o pensamento algorítmico e aprenden como funciona o ordenador.

Pode utilizarse directamente na web ou instalarse nun ordenador, mediante a descarga dun editor offline dispoñible para os sistemas operativos máis coñecidos. A páxina de Scrath tamén ofrece proxectos compartidos por outras persoas que poden empregarse como apoio nas explicacións ou como base e inspiración para realizar outros proxectos. Nesta comunidades atopamos os traballos de varios profesores e profesoras galegos, por exemplo Susana Oubiña (IES Castro Alobre) ou Mª Jesús Casado (IES Francisco Daviña Rey). Tamén actividades realizadas polo alumnado, como estes proxectos do proxectos do IES Francisco Aguiar.

No repositorio de contidos do espazoAbalar está dispoñible Código Octopus, unha fonte de recursos en galego e inglés para o profesorado de calquera materia que desexe introducir a programación nas súas clases mediante o programa Scratch. Este recurso foi realizado por María Loureiro (IES Primeiro de Marzo), Peregrina Pintos (IES A Guía) e Daniel Rodríguez (IES Alexandre Bóveda) durante unha licenza por formación.

Por último, lembrar que ata o día 30 de maio vai estar aberto o prazo para a entrega de proxectos no concurso de Scratch organizado polo CPEIG no que poden participar grupos de ata 8 alumnos/as coordinados por un docente

0
No votes yet
Your rating: Ninguno
0
No votes yet
Your rating: Ninguno
(0 votos)

Enviar un novo comentario

Deixa un comentario
O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta é feita para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
Image CAPTCHA
Insira os caracteres amosados na imaxe.