Experiencias. Aulas 2.0

EXPERIENCIAS 08/06/2012

CPR Plurilingüe Salesiano San Juan Bosco: O meu caderno 2.0

Enrique Carretero, profesor do CPR Plurilingüe Salesiano San Juan Bosco de A Coruña, fai un emprego orixinal das ferramentas de autor: os cadernos dixitais non os crea el senón o seu alumnado de 5º das áreas Educación Física e Coñecemento do Medio.

O traballo comeza coa explicación e familiarización dos programas que se van a utilizar, en particular:

  • Plataforma Edmodo, que se emprega como vía de comunicación, espazo no que compartir recursos e calendario que marcará o ritmo do curso en todas as materias.
  • LIM, ferramenta de autor creada por Francisco Macías, que empregará o alumnado para realizar os traballos encargados.
  • Emprego avanzado de buscadores e bancos de recursos en internet.

 

No caso do programa LIM o profesor explica a páxina de propiedades, a utilidade dos seus elementos e os tipos de actividades que permite. O alumnado ten acceso a un caderno LIM que contén unha actividade de cada unha das 51 que permite o programa que utilizan para ver como están creadas e, en caso de ter dúbidas sobre a configuración dalgunha cando empezan o traballo, para ter un exemplo no que poden ver unha actividade similar. Desta forma resolven cos seus medios a maior parte dos atrancos, potenciando a adquisición da competencia de aprender a aprender.

Cando o alumnado xa ten soltura cos programas explícanse os temas de Coñecemento do Medio e  márcanse as pautas que deben ter os libros e os criterios de avaliación. O tempo que se dedica a cada tema é o mesmo que se dedicaba á explicación: unhas 7 horas de clase. O alumnado que remata o traballo antes do tempo fixado pode optar por buscar información do seguinte tema ou axudar a algún compañeiro/a.

 

 

  

Os traballos son entregados mediante a plataforma Edmodo, onde cada alumno ten acceso aos dos compañeiros/as de clase, que debe valorar coa fin de afianzar os seus coñecementos do tema e facer unha posta en común de ideas sobre a maquetación dos cadernos. Os cadernos mellor valorados expóñense no blog http://limsamigos.blogspot.com.es .

Enrique Carretero explicou este método no Congreso Escuela 2.0 que se celebrou en Granada en outubro do ano 2011. Neste vídeo podes ver a súa exposición.

See video
5.870958
Average: 5.9 (146 votes)
Your rating: Ninguno
5.870958
Average: 5.9 (146 votes)
Your rating: Ninguno
(146 votos)

Enviar un novo comentario

Deixa un comentario
O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta é feita para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
Image CAPTCHA
Insira os caracteres amosados na imaxe.