Experiencias. Aulas 2.0

EXPERIENCIAS 07/11/2014

Hemeroteca de experiencias: O magosto

A finais de outubro e principio de novembro case todos os centros educativos galegos están celebrando o magosto, festa tradicional en moitas zonas do norte de España que xira arredor da castaña. Nas Webs Dinámicas estas actividades quedan recollidas en forma de galerías de imaxes, vídeos animacións, etc.

Así o departamento de Normalización Lingüística do CEIP Antonio Insua Bermúdez (Vilalba) mostra carteis e documentos relacionados coa organización da III cata de doces do outono. Na súa galería de imaxes pódense ver os doces preparados o ano 2013. Esperamos ver pronto as imaxes dos que preparen este ano e o libro coa recompilación das receitas recollidas.

O CEP de Ventín (Ames) ofrécenos unha relación de recursos e actividades elaborados no centro: vídeos con contos, webquest, actividades LIM, o xogo de taboleiro “É tempo de Magosto”. O vídeo A historia da castaña contada en viñetas que pode verse ao pé deste texto está elaborado polo equipo de dinamización de lingua galega en colaboración co equipo TIC deste centro.

Na web do CEIP Frian-Teis (Vigo) hai unha sección dedicada ao outono onde pode verse a evolución da celebración e das actividades propostas desde o ano 2009. Inclúe os traballos realizados polo alumnado e unha sección de enlaces a actividades interactivas, poemas e adiviñas, debuxos, receitas de cociña, etc.

No CEIP Manuel Sueiro (Ourense) utilizan os libros de Drupal para ordenar os recursos, agrupándoos en xogos, unidades didácticas, recursos interactivos, Música, Plástica...

Por último, lembrar que no repositorio de contidos do espazoAbalar están dispoñibles catro recursos sobre o magosto preparados por profesorado galego para todos os cursos de Primaria e primeiro ciclo da ESO:

  • O magosto: .webquest para Lingua galega e literatura de 5º de Primaria.

  • Estamos de magosto: unidade didáctica con actividades para Ciencias naturais e Ciencias sociais de 6º de Primaria.

  • Xogos de magosto: recompilación de xogos populares.

  • O libro do magosto: libro de actividades para os primeiros cursos de Educación Primaria.

 

 

0
No votes yet
Your rating: Ninguno
0
No votes yet
Your rating: Ninguno
(0 votos)

Enviar un novo comentario

Deixa un comentario
O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta é feita para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
Image CAPTCHA
Insira os caracteres amosados na imaxe.