Experiencias. Aulas 2.0

EXPERIENCIAS 24/10/2014

Hemeroteca de experiencias: Explícoche matemáticas 2.0

Este concurso, organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago cos obxectivos de promover o uso do galego como medio da transmisión das matemáticas e a creatividade na divulgación desta materia, ten unha categoría na que pode participar o alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de bacharelato en grupos de ata tres estudantes coordinados por un profesor/a.

Os participantes elaboran vídeos cunha duración aproximada de 2 minutos que traten temas relacionados coas matemáticas: definición dun concepto, un teorema, manifestacións das matemáticas na vida cotiá ou na cultura, etc. Na selección dos vídeos premiados tense en conta tanto a claridade e orixinalidade nas explicacións como a correción lingüística.

Este ano celebrouse a 3ª edición do concurso, con 11 vídeos finalistas procedentes de 6 institutos: IES Plurilingüe de Ames, IES de Arzúa, IES Ramón Cabanillas de Cambados, IES de Mugardos, IES do Camiño de Palas de Rei e IES Politécnico de Vigo.

O gañador foi O xadrez, as progresións e a rapaciña de Friol, de Andrea Ayaso, Xeila Vázquez e Iván Arias, coordinado polo profesor Manuel Vilariño do IES do Camiño. Neste vídeo explícase as diferenzas entre o crecemento lineal e exponencial.

O vídeo Punto de inflexión de Aldara Gómez, María Prado e Eva Vázquez coordinadas por Miguel Angel Rodríguez, do IES de Arzúa, foi o mellor valorado polos internautas.

 

0
No votes yet
Your rating: Ninguno
0
No votes yet
Your rating: Ninguno
(0 votos)

Enviar un novo comentario

Deixa un comentario
O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta é feita para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
Image CAPTCHA
Insira os caracteres amosados na imaxe.