Experiencias. Aulas 2.0

EXPERIENCIAS 06/02/2015

Hemeroteca de experiencias: Actividades para o entroido

Ante a proximidade do entroido as páxinas web dos centros educativos comezan a recoller novas coas actividades que van realizar durante esta semana. Así, na web do CEIP de Galán (Arteixo) podemos ver un caderno preparado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega con actividades de comprensión lectora e modelos de carautas.

No Drupal do CEIP Nosa Señora de Xuvencos (Boborás) hai un libro electrónico con información sobre a celebración do entroido elaborado por Norberto Blanco, autor tamén dunha caza do tesouro compartida na aula virtual deste centro e unha páxina web cunha recompilación de disfraces de fácil elaboración, galerías de imaxes, láminas para colorear e enlaces a páxinas con recursos relacionados con estas festas.

Na web do CEIP Frian-Teis (Vigo) atopamos unha recompilación de enlaces a páxinas de interese, actividades multimedia, outras actividades e receitas de sobremesas típicos desta época.

En moitos centros podemos ver galerías de imaxes e vídeos lembrando desfiles de disfraces e outras actividades realizadas en cursos anteriores. Un exemplo é o do CEIP Isaac Peral (Ferrol), onde desde o ano 2008 gardan rexistro dos Mandados que describen como debe caracterizarse o alumnado cada un dos días da semana de celebración.

No repositorio de contidos do espazoAbalar hai dous recursos relacionados co entroido:

  • O entroido en Galicia, brincaletras creado por Xosé Antón Vicente recomendado para 6º curso de Educación Primaria.

  • Fancy Dress Party at School, conto adaptado en inglés de Milagros Barcala con vocabulario relacionado co entroido. Recomendado para 4º curso de Educación Primaria.

 

 

0
No votes yet
Your rating: Ninguno
0
No votes yet
Your rating: Ninguno
(0 votos)

Enviar un novo comentario

Deixa un comentario
O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta é feita para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
Image CAPTCHA
Insira os caracteres amosados na imaxe.