NOVA DE ACTUALIDADE 10/12/2019

Dixit: DIXIT: dispoñibles novos recursos dixitais para a comunidade educativa galega

O Repositorio de Contidos de  EepazoAbalar e a  plataforma EVA veñen de incorporar novos  contidos da iniciativa DIXIT:  tres recursos na área de Mátemáticas e dous para a materia de Biloxía e Xeoloxía.

Así, as iniciativas de Matemáticas oriéntanse á aprendizaxe visual e  manipulativa das matemáticas. A propia manipulación de regletas e figuras 3D afianza o coñecemento e permite a interiorización de algoritmos e conceptos matemáticos complexos.

As regletas dixitais están orientadas á aprendizaxe de conceptos matemáticos abstractos a través da manipulación. Os seus bloques e actividades facilitan a incorporación progresiva de coñecementos matemáticos de distintos niveis. Actualmente están dispoñibles no catálogo os bloques de “Familiarización” e “Sumas e restas”. Amplíase esta iniciativa con dous novos bloques de contido:

Sumas e restas con unidades, decenas e  centenas: coa incorporación dun taboleiro dinámico para descompoñer as unidades, decenas e  centenas en tres columnas, mellorando a visualización para traballar cálculo. Cada columna outorga un valor  posicional ás  regletas e automatiza o seu movemento dunha a outra segundo a operación que se estea realizando.

Multiplicación: dedicado á comprensión e practica de  múltiplos dun número, conceptos como dobre e triplo, multiplicacións de varios números,  mcm.

Ademáis, engádese una novo recurso para Matemáticas: o Laboratorio de xeometría 3D. Está orientado ao estudo da xeometría no espazo cun enfoque dinámico de visualización e manipulación de figuras en 3D. Favorece o desenvolvemento da visión espacial mediante a experimentación e o descubrimento, algo crucial para o alumnado de 2ºESO, polo que se inclúen dúas vías de aprendizaxe diferenciadas: unha primeira dirixida á adquisición de coñecemento e organización de figuras por familias e unha segunda, o modo construción, modalidade máis creativa que fomenta a aplicación do coñecemento a través da creación  combinatoria de figuras.

Por outra parte, as iniciativas de Bioloxía e Xeoloxía promoven o desenvolvemento do pensamento crítico, a través de experiencias que lles fagan sentir como verdadeiros científicos, aprendendo ciencia de forma activa para desenvolver a súa capacidade crítica e reflexiva.

Neste sentido, publícase un novo  Snack  experiment dedicado á unidade de xeoloxía, completando con el as 6 unidades de Bioloxía de 1ºESO. Do mesmo xeito que no resto de  snacks  experiment, os alumnos aprenden de forma sinxela un experimento e aplican de forma guiada o método científico que lles permite sacar conclusións por eles mesmos. Neste  snack aprenderán a preparar un medidor de  ph para diferenciar entre unha substancia aceda ou básica a primeira ollada, cun cambio de cor. A diferenza dos anteriores, este  snack  experiment ofrece unha experiencia  adaptativa coa posibilidade de elixir entre distintos camiños que axustan o contido segundo a decisión do alumno.

Complétase a unidade de ecosistemas cun novo contido que ofrece unha alternativa interactiva para a aprendizaxe dos ecosistemas e as relacións das especies nunha rede  trófica. Ao longo do material, os alumnos aprenderán como é o medio no que viven e as súas relacións nunha rede  trófica, estudando ecosistemas próximos distribuídos pola comunidade galega. Esta iniciativa está actualmente en construción, en breve estará dispoñible o primeiro material dedicado ao  ecosistema “charcas  intermareales” que integra unha fase final na que o alumno, aplicando o método científico á observación de variables dependentes e independentes que afectan o ecosistema, así como á interpretación de gráficos, poderá extraer conclusións e verificar as súas hipóteses previas.

O obxectivo de DIXIT, promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Consellería de Educación,  é aproveitar as capacidades técnicas e innovadoras dos sectores tecnolóxico e audiovisual e os coñecementos pedagóxicos do profesorado galego, tendo en conta as súas necesidades, para incrementar a oferta de recursos dixitais dispoñibles para a comunidade educativa galega.

Está prevista a creación de novos contidos para estas e outras materias (linguas estranxeiras, Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Física y Química, etc.) que empregarán as tecnoloxías máis avanzadas.

Recursos Dixit:

A terra é redonda

Que pasa nos nosos océanos?

A fotosíntese

Tensión superficial

Presión atmosférica

Medición do pH

Laboratorio redes tróficas

Familiarización con las regletas

Regletas digitales - Sumas y restas

Laboratorio geométrico: iniciación a los cuerpos geométricos

Regletas digitales - Multiplicación

Regletas digitales: sumas y restas con unidades, decenas y centenas - tablero dividido